Venres. 29.03.2024
El tiempo

O torneo 3x3 Carballo de hóckey a patíns reúne a 200 xogadores

O torneo 3x3 Carballo de hóckey a patíns reúne a 200 xogadores
Uns 200 xogadores e 40 equipos - das categorías, sub 12, sub 14, sub 17, feminina, absoluta e pro -  participan desde mañá ata o domingo na segunda edición do Torneo 3x3 Carballo de hóckey a patíns, unha iniciativa da escola Lubiáns que conta coa colaboración do concello carballés. O pavillón Carballo Calero volverá a ser o escenario dun moi dinámico formato de competición no que se enfrontan equipos formados por dous xogadores e un porteiro, e que o ano pasado resultou ser un éxito para o club carballés e un atractivo espectáculo para todos os que se achegaron ao polideportivo carballés. Mañá venres, entre as 19 e as 1 horas, e o sábado (de 10 a 1) disputaranse os partidos das ligas de clasificación, e o domingo a competición reservarase (desde as 10 horas) para as eliminatorias de cuartos de final, semifinal e finais (estas, entre as 14:50 e as 17:25). A entrega de premios está programada para as 17:45 horas. Como novidade este ano está o concurso de faltas directas en todas as categorías, unha espectacular modalidade moi demandada polos xogadores e equipos participantes. torneo-carballo-hockey-patins O pasado martes presentouse na casa do concello de Carballo o torneo hockey 3x3 O torneo presentouse o pasado martes na casa do Concello nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde - Evencio Ferrero -; o concelleiro de Deporte - Marcos Trigo -; o coordinador deportivo da Escola Lubiáns - Carlos Loureiro - e o presidente do clube - David García -. Participantes por categoría: Sub 12
  • Lechugos
  • SMM Team
  • Hoquei Best
  • Los guays del Lubians
  • Os furapedras
  • Ferrol mola
  • Riazor Blacks
Sub 14
  • Pi
  • Magic Team
  • Hóckey club de hóckey
  • Os Trasnos Furacans
  • Rayo Vayacaño
  • CDO
  • Tomatitos cherry
Sub 17
  • Mariachis
  • Penguin´s Team
  • Santiago03
  • Skillada
  • Hail Magicpenne
  • Ene Squad
  • Os catro
  • Vodka Junior
  • Inter de Mitente
  • Skull Team
  • Másqueplayers
  • Misión imposible
Feminina
  • Pingüis
  • Beberly Tronas
  • Flash verde
  • Pailanas
  • Poker
Absoluta
  • Los solteros
  • Lajhachimas Lanchampreas
  • Las amapolas del Terror
  • Os de sempre
  • Mazaricos A
  • Mazaricos B
  • Noia HC
  • Chacaritas Team
  • Pachangueros

Máis información

https://3x3carballo.com/calendarios/ Fonte

Comentarios