O Zas celebrou un partido de festa do ascenso en San Andrés

O Belvís fíxolle ao pasillo ao ascendido Sporting Zas en San Andrés
Partido de festa este sábado en San Andrés para un Sporting Zas xa ascendido cunha semana de marxe. O Belvís visitaba o campo zaense e recibía ao equipo con pasillo incluído, case como o que lle fixeron no recibimento no Concello a mesma noite sabatina. Os de Víctor Pazos competirán na 1ª Autonómica o ano que vén, con Dumbría, Outes e Fisterra.

Zas - Belvís (4-2)

  • Campo: San Andrés.
  • Zas: Bugy, Martín, Carlos (Adri, m.65), Brais, Diego F., Chapela, Cili (Álvaro, m.53), Adri, Isma e Rubio.
  • Goles: 1-0, m.4: Chapela; 1-1, m.16; 2-1, m.39: Dieguiño en xogada persoal; 2-2, m.51; 3-2, m.58: Chapela de gol olímpico; 4-2, m.87: Isma.
Un pasillo Partido de trámite en San Andrés, con pouca intensidade e moita deportividade. Comezaba o partido co gol tempraneiro de Chapela. Respondía o Belvís cun tanto e unha doble ocasión que tapou Bugy, pero Rubio retomaba os achegamentos do Zas. Co gol de Dieguiño chegábase ao descanso, cunha vantaxe xusta para o cadro local. Na segunda, maior dominio dun Zas que pechaba con vitoria unha temporada inmellorable, cun 2º posto da Liga da Costa, unha semifinal de Copa e un ascenso!
O Zas recibido no Concello de Zas
O alcalde Lolo Muíño coa camisola do Sporting Zas

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)