Os árbitros non deixan gañar ao Conservas Boya

A actuación arbitral condicionou o partido do Conservas Boya ante o Sedona e déronlle o triunfo ao Bueu, que levou os dous puntos dunha forma totalmente inxusta, por un tanteo de 30-31. O Camariñas que realizou un fantástico encontro e dominou en todas as facetas do xogo, viu como nos últimos 10 minutos os colexiados ata se rían das bancadas onde o público estaba indignado. Con todo, o Conservas mantense de 4º na 1ª Autonómica Masculina con 10 puntos, e a vindeira semana visita o campo do líder, o Carballal.

Datos do encontro

  • Resultado: Conservas Boya Balonmán Camariñas, 30 - Seis do Nada, 31.
  • Conservas Boya: Félix (p), Lalá (p), Víctor (p), Alan, Fari (3), Diego Alonso, Felipe (4), Quin (6), Moncho (3), Catalán (3), José Ramón (5), Xabi, Perón (7).
Moi bo partido do Camariñas, que dominou en todo momento o partido, un dos mellores partidos xogados esta tempada en casa, boa defensa e excelente dominio do contragolpe e o un contra un en ataque, todo foi moi ben ata que os árbitros decidiron que eles tambien xogaban e puxéronse claramente ao lado do equipo visitante, pois en todos os ataques visitantes dos últimos 10 minutos do partido excluían a un ou dous xogadores do Camariñas, conseguiron meter aos visitantes nun partido que nunca mereceron, xa que sempre foi superior o equipo local, logo dun 29-26, non contentos con iso cando faltaban 5 segundos e con tres defensores en cancha, un resbalón do extremo visitante sinálao como penalti cando o marcador estaba co empate a 30. Márcase a pena máxima e termínase o partido sen deixar sacar de centro. O público indignado grita e increpa aos árbitros, e estes responden riendose de face ao público de forma provocadora, ante esta actitude tiveron que ser acompañados polos directivos locais ata o vestiario para previr males maiores.

Vindeira cita

Sábado 5 de decembro desprázase o Camariñas a casa do líder, o Carballal, con ánimo de facer os 2 puntos.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.