O Conservas Boya comeza o ano con derrota

19:22 20/09/10
Debutaba o Balonmán Camariñas Conservas Boya esta campaña ante o Xabañús. Facíao na casa e caía nun encontro onde a pasividade visitante sacou de lugar aos conserveiros.
Datos do encontro
Datos do encontro![balonman camarinas 200]()
- Resultado: Conservas Boya, 26 - Xabañús, 30
- Conservas Boya: Victor 9 paradas (12 de 21), Lalá 9 paradas (18 de 27), Alan 7, Quin 6, Xabi 1, Perón 2, Fari, Alberto 3, Salva 3, Moncho 3, Jose Ramón 1, Caamaño e Diego.
Segunda parte de lesións
A segunda parte non variou no estilo dos contendentes, pero si un maior acerto do Boya permitiu empatar o partido 17-17 no minuto corenta. Logo de seguir sufrindo a falta de acerto i erros infantis, os locais por fin conseguiron adiantarse no marcador 20-19 no minuto 45 de partido, a desgracia volveuse cebar cos locais que perderon a Salva por un esguince no nocello. Esta lesión unida á de Alberto nada máis principiar a segunda parte deixou o Boya orfo de centrais defensivos e dúas pezas fundamentais en ataque. Nese momento a defensa deixou de ser consistente e o ataque convertiuse nun despropósito, permanecendo ate 9 ataques consecutivos sen gol, cun parcial de 0-6. Os locais recurriron a defensa individual, aínda que recuperaron balóns voltou a faltar acerto de cara a portería e o partido rematou cun 26-30 final, que fala as claras do moito que debe traballar o Conservas Boya para non pasar apuros este ano. Así e todo cómpre destacar, iso si, polos camariñáns a Salva e Alberto.Novas relacionadas
- O Balonmán Encaixe de Camariñas comeza a campaña con bos reforzos.
- Camariñas viviu a festa do balonmán internacional.