Os atletas costeiros meten os pés na lama

Michel Antelo estreou a camisola do novo club Terra de Soneira nos Campionatos Galegos de Cross

Doble cita a da fin de semana co atletismo para os deportistas da Costa da Morte. Dous clubs competindo ao máximo nivel galego: por un lado a Asociación Deportiva Olimpia facendo base, e por outro o novo club Terra de Soneira estreándose no Campionato Galego de Campo a Través.

A Friol marcharon os irmandiños para competir no Campionato Galego de Cross corto. Tremenda a estrea da camisola do Terra de Soneira de Míchel Antelo, competindo por primeira vez e rematando nunha máis que meritoria 38ª praza cun bo tempo: 13:36.

Ao seu carón, o laxense Martín Regueira e o zaense César Vázquez, que remataron no posto 20º e no 51º respectivamente. Tamén estaban en categoría feminina Barca Toba e Viki e o seu club quedaron campionas por equipos e meteuse na seguinte fase.

Barca Toba-Foto-Runphotos  

Completa fin de semana para o Olimpia

As cadetes do Olimpia quedaron campionas por clubs

Fin de semana intenso de campo a través para a Asociación Deportiva Olimpia, a fin de semana comezaba o venres coa fase Intercomarcal de Campo a Través Escolar onde os de Olimpia chegaron con tres equipos clasificados e tres atletas no plano indivual. No apartado de equipos, os equipos infantís masculino e feminino a pesar da súa boa actuación non puideron clasificarse para a seguinte fase, mentres que o equipo cadete feminino escribía unha páxina importante na historia do club ó acadar a primeira posición por diante de clubes históricos como o Club Atletismo Noia. No apartado individual os tres atletas participantes conseguiron o pase para o Provincial que se disputará o vindeiro sábado 27 en Naron, onde seguirán coa súa participación nesta competición.

Paula Trinidad, Elena Carreira e Erica Domínguez con Jorge Lariño en Friol-Foto-Olimpia

A fin de semana finalizaba o domingo ca disputa do Campionato Galego de Campo a Través Cadete e Xuvenil, onde os atletas de Olimpia brindaron unha gran actuación, tendo como resusultados máis destacados o 8° posto de Carlos Valiña na categoría xuvenil e o 11° posto de Javier Rodríguez na categoria cadete; tamén destacados foron a 20° plaza de Paula Trinidad, a 27° de Elena Carreira e a 71° de Erica Domínguez na categoría cadete e o 31° de Elian Numa López na categoría xuvenil.

Carlos Valiña do Olimpia en Friol  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).