mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os atletas costeiros meten os pés na lama

Os atletas costeiros meten os pés na lama
Michel Antelo nos Campionatos Galegos de CrossMichel Antelo nos Campionatos Galegos de Cross Michel Antelo estreou a camisola do novo club Terra de Soneira nos Campionatos Galegos de Cross

Doble cita a da fin de semana co atletismo para os deportistas da Costa da Morte. Dous clubs competindo ao máximo nivel galego: por un lado a Asociación Deportiva Olimpia facendo base, e por outro o novo club Terra de Soneira estreándose no Campionato Galego de Campo a Través.

A Friol marcharon os irmandiños para competir no Campionato Galego de Cross corto. Tremenda a estrea da camisola do Terra de Soneira de Míchel Antelo, competindo por primeira vez e rematando nunha máis que meritoria 38ª praza cun bo tempo: 13:36.

Ao seu carón, o laxense Martín Regueira e o zaense César Vázquez, que remataron no posto 20º e no 51º respectivamente. Tamén estaban en categoría feminina Barca Toba e Viki e o seu club quedaron campionas por equipos e meteuse na seguinte fase.

Barca Toba-Foto-Runphotos Barca Toba-Foto-Runphotos  

Completa fin de semana para o Olimpia

As cadetes do Olimpia quedaron campionas por clubs As cadetes do Olimpia quedaron campionas por clubs

Fin de semana intenso de campo a través para a Asociación Deportiva Olimpia, a fin de semana comezaba o venres coa fase Intercomarcal de Campo a Través Escolar onde os de Olimpia chegaron con tres equipos clasificados e tres atletas no plano indivual. No apartado de equipos, os equipos infantís masculino e feminino a pesar da súa boa actuación non puideron clasificarse para a seguinte fase, mentres que o equipo cadete feminino escribía unha páxina importante na historia do club ó acadar a primeira posición por diante de clubes históricos como o Club Atletismo Noia. No apartado individual os tres atletas participantes conseguiron o pase para o Provincial que se disputará o vindeiro sábado 27 en Naron, onde seguirán coa súa participación nesta competición.

Paula Trinidad Elena Carreira Erica Domínguez con Jorge Larino en Friol-Foto-Olimpia Paula Trinidad, Elena Carreira e Erica Domínguez con Jorge Lariño en Friol-Foto-Olimpia

A fin de semana finalizaba o domingo ca disputa do Campionato Galego de Campo a Través Cadete e Xuvenil, onde os atletas de Olimpia brindaron unha gran actuación, tendo como resusultados máis destacados o 8° posto de Carlos Valiña na categoría xuvenil e o 11° posto de Javier Rodríguez na categoria cadete; tamén destacados foron a 20° plaza de Paula Trinidad, a 27° de Elena Carreira e a 71° de Erica Domínguez na categoría cadete e o 31° de Elian Numa López na categoría xuvenil.

Carlos Valina do Olimpia en Friol Carlos Valiña do Olimpia en Friol  

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios