Os calendarios definitivos das Ligas Xuvenís

Pincha na imaxe para ver os calendarios en www.futboldacosta.com

Por terceira vez toca facer cambios nos calendarios nas Ligas Xuvenís. Trala retirada do Castriz e do Porteño, quedan 20 equipos nos dous grupos da 1ª Xuvenil da Costa.

As meirandes novidades témolas no Gr. Norte, o Grupo 3, onde 7 dos 10 equipos son de Bergantiños, trala aparición do Sofán, do Laxe e mais do CD Pedreiras Xuvenil, que non pode chamarse San Lorenzo, porque ao ser filial do Bergantiños e o Bergan ter xuvenís, ten que crear outro club, pero segue a ser equipo de Verdillo.

As Ligas arrincan o 3 de setembro, e a primeira fase remata o 14 de xaneiro. En febreiro volveremos ver o grupo dos campións entre os 3 mellores de cada grupo, e a sosa fase previa da Copa entre o resto de equipos.  

Novas relacionadas

 

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).