xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os calendarios definitivos das Ligas Xuvenís

Os calendarios definitivos das Ligas Xuvenís
Pincha na imaxe para ver os calendarios en www.futboldacosta.com Pincha na imaxe para ver os calendarios en www.futboldacosta.com

Por terceira vez toca facer cambios nos calendarios nas Ligas Xuvenís. Trala retirada do Castriz e do Porteño, quedan 20 equipos nos dous grupos da 1ª Xuvenil da Costa.

As meirandes novidades témolas no Gr. Norte, o Grupo 3, onde 7 dos 10 equipos son de Bergantiños, trala aparición do Sofán, do Laxe e mais do CD Pedreiras Xuvenil, que non pode chamarse San Lorenzo, porque ao ser filial do Bergantiños e o Bergan ter xuvenís, ten que crear outro club, pero segue a ser equipo de Verdillo.

As Ligas arrincan o 3 de setembro, e a primeira fase remata o 14 de xaneiro. En febreiro volveremos ver o grupo dos campións entre os 3 mellores de cada grupo, e a sosa fase previa da Copa entre o resto de equipos.  

Novas relacionadas

 

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios