Os equipos de tenis de mesa da Costa rematan as súas ligas

Co Ponciano Nieto esperando os arrastres para ver se pode ascender de categoría, a familia do tenis de mesa da Costa da Morte deu por pechadas as competicións ligueiras.

Un deporte que segue medrando na bisbarra. Xa son 5 localidades de 5 concellos (Vimianzo, Zas, Mazaricos, Santa Comba e A Baña) os que están competindo en tenis de mesa na zona, “e pronto serán máis”, como nos avanza o propio Stevo Lema, un dos grandes culpables deste crecemento.

2ª Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Vimianzo TM - Vilagarcía alevín (3-3).
  • Resultado: Vimianzo TM - Liceo Noia "E" (4-2).
  • Resultado: AD Zas O Pinar - Liceo Vilagarcía Alevín (1-5).
  • Resultado: Oroso Hotel Santa Cruz - Santa Comba (6-0).
  • Resultado: Oroso Peluqueria Tije - Santa Comba (4-2).

Os nosos representante de 2ª galega realizaron unha boa campaña, a pesar de que na última xornada houbo máis derrotas que vitorias. Pero esta liga é de aprendizaxe e iso conseguírono de sobra.

Vindeira semana

Esta fin de semana chega moi completa. O sábado o campionato intercomarcal escolar das comarcas de Noia, Outes, Tambre Xallas e Soneira, celebrase en Zas dende as 10:00 da mañá no pavillon polideportivo municipal. Un total de 70 escolares disputarán os partidos polas medallas e trofeos nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete tanto masculino coma femenino.

E o domingo 40 deportistas do tenis de mesa irán nun bus ata Oroso para disputar outra xornada que organiza o clube local. O ir xuntos da unión e a union da a forza.

 

Novas relacionadas

Fonte

  • Stevo Lema.