Os pequenos do CDM Piragüismo Dumbría acadan sete medallas na copa galega de Promoción de Slalom

Xesús Pena, do CDM Piragüismo Dumbría, nun momento da proba disputada a pasada fin de semana Os integrantes máis novos do CDM Piragüismo Dumbría acadaron sete medallas na proba inaugural da copa galega de Promoción de Slalom de Salvaterra de Miño. Catro - das seis medallas que se repartiron na categoría benxamín - viñeron para Dumbría. Na categoría femenina, doblete de Sara Fernandez, primeira, e Aroa Lopez, primeira e segunda na categoría femenina, mentres que Xesús Pena e Xián Caamaño foron primeiro e terceiro respectivamente na categoría masculina. Na categoría Alevín foron outras tres as medallas dos padeixeiros da Costa da Morte. Laura Caamaño foi a segunda clasificada na categoría Alevín femenina, mentras que Brais Sánchez Cancela fixo doblete logrando a victoria na modalidade de canoa, e subindo o segundo chanzo do podium co seu kayak.
Na categoría benxamín feminina, Sara Fernández e Aroa López fixéronse co 1º e 2º posto O resto da delegación costeira tivo unha actuación moi prometedora, con detalles moi bos por parte de deportistas coma Xiana Castro e Alexia Canosa na categoría infantil, ou de Antía Mouzo, Ana Zuín, Borja Cives ou un lesionado Martín Fernandez que foi cuarto nos kayaks. A vindeira competición dos máis pequenos será o troféo Eurocidade que terá lugar dentro de algo máis dun mes na localidade pontevedresa de Tui.  

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).