Mañá coñeceremos os nominados finalistas para a V Gala do Fútbol da Costa - QPC, que se celebrará este venres 22 en Santa Comba. Pero hoxe anunciamos algúns dos que seguro van levar un dos fantásticos balóns da olería de Buño.
Falamos dos pichichis e dos Porteiros menos batidos das categorías con equipos costeiros.
PICHICHIS
MC do Baio, Pablo Muíño do Baínas e Cristian do Ameixenda, son os Pichichis das Ligas da Costa 17-18
Premio DAFIT, Adestramento persoal, ao Pichichi da 3ª
PICHICHI 3ª
Xogador
Equipo
Goles
Goles /
Partido
Cristian
Ameixenda
21
0,96
Thiago
Volantes
17
1,31
Felipe Barreiro
Camelle
15
0,71
Yanki
Volantes
12
0,92
Samu
Volantes
12
0,63
Repite Cristian, dianteiro do Ameixenda que se fixo co título con 21 goles, marcando ademais dous importantes goles tanto na ida como na volta da final do playoff de ascenso. Por detrás quedou o dianteiro do Volantes Thiago, con 17 goles, que tamén foi unha das sensacións da temporada, pero que xogou menos partidos.
Premio REPRESENTACIONES JUAN ao Pichichi da 2ª
Pablo Muíño marcou 29 goles para o seu Baíñas. Detrás quedaron tres cracks como o cormelán Alejo (vencedor do ano pasado e que se perdeu media liga) e o esteirán Rober Pladur, con 18 goles, e o zaseiro Dani Mato con 17.
PICHICHI 2ª
Xogador
Equipo
Goles
Goles /
Partido
Pablo Muíño
Baíñas
29
1,12
Alejo
Corme
18
1,13
Rober Pladur
Esteirana
18
0,69
Dani Mato
Zas
17
0,63
Leo
Cee
13
0,44
Premio ROBERTO MOURO SEGUROS REALE BAIO ZAS ao Pichichi ao Pichichi da 1ª e Preferente
O dianteiro do Baio, Martín MC, que a pesar da cantidade de lesións que tivo fixo nada menos que 17 goles. Parafita, do San Lorenzo, con 15, e Basti, do Soneira, con 14, quedaron por detrás.
PICHICHI PREF + 1ª
Xogador
Equipo
Goles
Goles /
Partido
Martín MC
Baio
17
0,71
Parafita
San Lorenzo
15
0,68
Basti
Soneira
14
0,47
Julián
Xallas
10
0,29
Juan de Dora
Sofán
9
0,28
Jesús
Dumbría
9
0,26
Isaac
Fisterra
8
0,40
PORTEIROS MENOS BATIDOS
Anxo do Soneira, Toni do Mazaricos e Xandre do Muros, os Zamoras das Ligas da Costa 17-18
Premio VITUREIRA BOUZAS ao Porteiro Menos Batido da 3ª
O porteiro do Muros, XANDRE, que apenas recibíu 19 goles en 22 partidos, unha media de 0,86 goles encaixados por partido que pasa por ser a mellor da temporada en todas as categorías.
ZAMORA 3ª
Porteiro
Equipo
Goles
encaixados
Partidos
Goles /
Partido
Xandre
Muros
19
22
0.86
Javira
Volantes
20
19
1.05
Eloy
Laxe
23
21
1.095
Victor
Cabana
25
21
1.19
Premio COMERCIAL AGRÍCOLA MIKY ao Porteiro Menos Batido da 2ª
Houbo que tirar de calculadora este ano pois ata 7 porteiro estaban na loita, tendo en conta ademais que no Muxía, o equipo menos goleado da categoría, Ángel e Hugo non puideron entrar na batalla porque non sumaron o número de partidos suficientes.
Finalmente, tras moita calculadora, o zamora da Liga da Costa é TONI, meta do Mazaricos, con 30 goles encaixados en 26 partidos.
ZAMORA 2ª
Porteiro
Equipo
Goles
encaixados
Partidos
Goles /
Partido
Toni
Mazaricos
30
26
1.15
Roberto
Esteirana
31
24
1.19
Suso
Corme
41
30
1,37
Diego Mallo
Coristanco
36
27
1.3333
Anxo Pallas
Malpica
31
23
1.34783
Diego Dourado
Cerqueda
33
24
1.375
Brais
Buño
40
29
1.37931
Premio ÁLEX POMBO Menos Batido da Pref. e 1ªAutonómica
Este ano o Zamora da Pref. e da 1ª é porteiro do Anxo do Soneira, con 27 goles encaixados en 26 partidos, polos 36 goles en 32 partidos do porteiro do Baio Dani Varela, o “Fedello”, ou os 37 goles en 29 partidos de Julián, porteiro do Xallas.