Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os Pichichis e Zamoras das Ligas da Costa 2017/2018

Os Pichichis e Zamoras das Ligas da Costa 2017/2018
Mañá coñeceremos os nominados finalistas para a V Gala do Fútbol da Costa - QPC, que se celebrará este venres 22 en Santa Comba. Pero hoxe anunciamos algúns dos que seguro van levar un dos fantásticos balóns da olería de Buño. Falamos dos pichichis e dos Porteiros menos batidos das categorías con equipos costeiros.

PICHICHIS

MC do Baio Pablo Muino Bainas e Cristian Ameixenda Pichichis das Ligas da Costa 17-18 MC do Baio, Pablo Muíño do Baínas e Cristian do Ameixenda, son os Pichichis das Ligas da Costa 17-18

Premio DAFIT, Adestramento persoal, ao Pichichi da 3ª

PICHICHI 3ª
Xogador Equipo Goles Goles / Partido
Cristian Ameixenda 21 0,96
Thiago Volantes 17 1,31
Felipe Barreiro Camelle 15 0,71
Yanki Volantes 12 0,92
Samu Volantes 12 0,63
Repite Cristian, dianteiro do Ameixenda que se fixo co título con 21 goles, marcando ademais dous importantes goles tanto na ida como na volta da final do playoff de ascenso. Por detrás quedou o dianteiro do Volantes Thiago, con 17 goles, que tamén foi unha das sensacións da temporada, pero que xogou menos partidos.  

Premio REPRESENTACIONES JUAN ao Pichichi da 2ª

Pablo Muíño marcou 29 goles para o seu Baíñas. Detrás quedaron tres cracks como o cormelán Alejo (vencedor do ano pasado e que se perdeu media liga) e o esteirán Rober Pladur, con 18 goles, e o zaseiro Dani Mato con 17.
PICHICHI 2ª
Xogador Equipo Goles Goles / Partido
Pablo Muíño Baíñas 29 1,12
Alejo Corme 18 1,13
Rober Pladur Esteirana 18 0,69
Dani Mato Zas 17 0,63
Leo Cee 13 0,44

Premio ROBERTO MOURO SEGUROS REALE BAIO ZAS ao Pichichi ao Pichichi da 1ª e Preferente

O dianteiro do Baio, Martín MC, que a pesar da cantidade de lesións que tivo fixo nada menos que 17 goles. Parafita, do San Lorenzo, con 15, e Basti, do Soneira, con 14, quedaron por detrás.
PICHICHI PREF + 1ª
Xogador Equipo Goles Goles / Partido
Martín MC Baio 17 0,71
Parafita San Lorenzo 15 0,68
Basti Soneira 14 0,47
Julián Xallas 10 0,29
Juan de Dora Sofán 9 0,28
Jesús Dumbría 9 0,26
Isaac Fisterra 8 0,40

PORTEIROS MENOS BATIDOS

Anxo do Soneira, Toni do Mazaricos e Xandre do Muros, os Zamoras das Ligas da Costa 17-18 Anxo do Soneira, Toni do Mazaricos e Xandre do Muros, os Zamoras das Ligas da Costa 17-18  

Premio VITUREIRA BOUZAS ao Porteiro Menos Batido da 3ª

O porteiro do Muros, XANDRE, que apenas recibíu 19 goles en 22 partidos, unha media de 0,86 goles encaixados por partido que pasa por ser a mellor da temporada en todas as categorías.
ZAMORA 3ª
Porteiro Equipo Goles encaixados Partidos Goles / Partido
Xandre Muros 19 22 0.86
Javira Volantes 20 19 1.05
Eloy Laxe 23 21 1.095
Victor Cabana 25 21 1.19
 

Premio COMERCIAL AGRÍCOLA MIKY ao Porteiro Menos Batido da 2ª

Houbo que tirar de calculadora este ano pois ata 7 porteiro estaban na loita, tendo en conta ademais que no Muxía, o equipo menos goleado da categoría, Ángel e Hugo non puideron entrar na batalla porque non sumaron o número de partidos suficientes. Finalmente, tras moita calculadora, o zamora da Liga da Costa é TONI, meta do Mazaricos, con 30 goles encaixados en 26 partidos.
ZAMORA 2ª
Porteiro Equipo Goles encaixados Partidos Goles / Partido
Toni Mazaricos 30 26 1.15
Roberto Esteirana 31 24 1.19
Suso Corme 41 30 1,37
Diego Mallo Coristanco 36 27 1.3333
Anxo Pallas Malpica 31 23 1.34783
Diego Dourado Cerqueda 33 24 1.375
Brais Buño 40 29 1.37931

Premio ÁLEX POMBO Menos Batido da Pref. e 1ªAutonómica

Este ano o Zamora da Pref. e da 1ª é  porteiro do Anxo do Soneira, con 27 goles encaixados en 26 partidos, polos 36 goles en 32 partidos do porteiro do Baio Dani Varela, o “Fedello”, ou os 37 goles en 29 partidos de Julián, porteiro do Xallas.
ZAMORA PREF + 1ª
Porteiro Equipo Goles encaixados Partidos Goles / Partido
Anxo Soneira 27 26 1,03
Dani Varela Baio 36 32 1,12
Julián Xallas 37 29 1,28
Paulo Fisterra 41 27 1,52
Javi Rumbo Sofán 45 29 1,55

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-candidatos-aos-premios-da-v-gala-do-futbol-da-costa-qpc-1718/

Fonte

Comentarios