Os Xuvenís do Volei Dumbría, rotundos campións galegos

Menuda alegría trouxeron de Ourense os xuvenís do Volei Dumbría esta fin de semana. O pavillón dos Deportes do Paco Paz acolllía o Campionato Galego de voleibol xuvenil, coa presenza do equipo masculino dumbriés, que demostraba ser o mellor equipo da categoría, alzábase co título arrasando nos dous partidos, e xa soña co Campionato de España.

O domingo 17 ás 10:00 da mañá debutaban ante o Emevé de Lugo, nun partido onde estaba en xogo a clasificación para o Campionato de España de Almería. Os da Costa da Morte vencían por 3-0 con parciais de 25-19, 25-23 e 25-19 nun partido marcado polo nerviosismo típico do inicio da competición e máis por a presión de lograr esa clasificación.
Na outra semifinal o CV Padre Faustino da Coruña vencía por 3-1 o equipo anfitrión Burgas de Ourense.

A final, disputada as 19:00 horas, o cadro dumbriés impoñíase nun contundente 3-0 (25-22, 25-17 e 25-18) o equipo coruñés nun partido onde os rapaces da Costa da Morte foron moi superiores e xogaron a un gran nivel.

O equipo dirixido por Juan Carlos Suárez e Luis Alberto Fernández formou con Manuel Marcote (colocador), David Redonda e Unai Larrañaga (receptores) Javier Domínguez (opuesto), Marco Lado e Gabriel Trillo (centrais) e Óscar Prieto (líbero). Tamén xogaron Alberto Sampedro, Juan Bautista Marcote, Manuel Costa e Adrián Garea.

Longa traxectoria

O voleibol Dumbría na súa progresión continua, acada un novo título no seu palmarés: o de campión galego xuvenil, título que facía moita ilusión á familia dumbriesa xa que é a máxima categoría das de base, e que non tiñan ata o momento. A este título hai que engadir o trofeo ó mellor xogador do torneo conseguido polo colocador Manuel Marcote. O ceense supo dirixir con maestría os seus compañeiros repartindo o xogo entre eles, o que fixo que todos fixeran unhas grandes estadísticas e que o equipo rival non fose quen de fixar a súa defensa.

Ao Campionato de España

Con este campionato acadan praza para xogar o Campionato de España xuvenil que se celebrará en Almeria do 27 de abril ao 1 de maio. Pese a estar acostumados a xogar campionatos de España este será o primer campionato de España xuvenil que disputarán os xogadores de Voleibol Dumbria.

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Volei Dumbría.