Os Xuvenís do Volei Dumbría, rotundos campións galegos
Menuda alegría trouxeron de Ourense os xuvenís do Volei Dumbría esta fin de semana. O pavillón dos Deportes do Paco Paz acolllía o Campionato Galego de voleibol xuvenil, coa presenza do equipo masculino dumbriés, que demostraba ser o mellor equipo da categoría, alzábase co título arrasando nos dous partidos, e xa soña co Campionato de España.
O domingo 17 ás 10:00 da mañá debutaban ante o Emevé de Lugo, nun partido onde estaba en xogo a clasificación para o Campionato de España de Almería. Os da Costa da Morte vencían por 3-0 con parciais de 25-19, 25-23 e 25-19 nun partido marcado polo nerviosismo típico do inicio da competición e máis por a presión de lograr esa clasificación.
Na outra semifinal o CV Padre Faustino da Coruña vencía por 3-1 o equipo anfitrión Burgas de Ourense.
A final, disputada as 19:00 horas, o cadro dumbriés impoñíase nun contundente 3-0 (25-22, 25-17 e 25-18) o equipo coruñés nun partido onde os rapaces da Costa da Morte foron moi superiores e xogaron a un gran nivel.
O equipo dirixido por Juan Carlos Suárez e Luis Alberto Fernández formou con Manuel Marcote (colocador), David Redonda e Unai Larrañaga (receptores) Javier Domínguez (opuesto), Marco Lado e Gabriel Trillo (centrais) e Óscar Prieto (líbero). Tamén xogaron Alberto Sampedro, Juan Bautista Marcote, Manuel Costa e Adrián Garea.
Longa traxectoria
O voleibol Dumbría na súa progresión continua, acada un novo título no seu palmarés: o de campión galego xuvenil, título que facía moita ilusión á familia dumbriesa xa que é a máxima categoría das de base, e que non tiñan ata o momento. A este título hai que engadir o trofeo ó mellor xogador do torneo conseguido polo colocador Manuel Marcote. O ceense supo dirixir con maestría os seus compañeiros repartindo o xogo entre eles, o que fixo que todos fixeran unhas grandes estadísticas e que o equipo rival non fose quen de fixar a súa defensa.
Ao Campionato de España
Con este campionato acadan praza para xogar o Campionato de España xuvenil que se celebrará en Almeria do 27 de abril ao 1 de maio. Pese a estar acostumados a xogar campionatos de España este será o primer campionato de España xuvenil que disputarán os xogadores de Voleibol Dumbria.
Crónicas da tempada
- Os chicos do Volei Dumbría, clasificados para os Campionatos Galegos.
- Un cadete costeiro nas semis do Campionato de España de Volei.
- 5 costeiros coa Selección Galega de Volei ao Campionato de España.
- Pleno de vitorias no comezo da segunda fase para a familia do volei costeiro.
- Unha maratoniana xornada con sabor doce para a familia do Volei Dumbría.
- Fin de semana de volei “internacional” no Conco.
- 3 costeiros concéntranse no Conco ca Selección Galega de Volei.
- As cadetes do Volei Dumbría tamén saben remontar.
- Os e as cadetes sacan do Volei Dumbría sacan as castañas do lume.
- Volei Dumbría: Os mozos ao poder.
- Máis derrotas que vitorias neste comezo de ano para a familia do Volei Dumbría.
- Case pleno para a familia do Volei Dumbría.
- As cadetes do Volei Dumbría collen carreira.
- Os infantís do Manuela Rial seguen invictos na Liga Galega Infantil de volei.
- Triple vitoria da familia do Volei Dumbría a todo un Emeve.
- O Volei Dumbría case fixo pleno de vitorias na fin de semana
- Dúas vitorias das categorías base do Volei Dumbría ante San Sadurniño.
- Os técnicos Volei Dumbría tamén supervisan as accións da base galega.
- Os sénior do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- As cadetes do Volei Dumbría sucumben no tie-break ante o Zalaeta.
- Só os infantís arrincan a tempada con vitoria da familia do Volei Dumbría.
- 6 equipos do Volei Dumbría volven a competición.
Novas relacionadas
Fonte
- Volei Dumbría.