Outes queda en silencio

Un problema nas cordas vogales deixa ao equipo do Cunchido sen o seu enxeñeiro da refundación: un home que máis que títulos, recoñecementos e logros ten construido un legado dentro e fóra dos terreos de xogo
Manu de Roque, durante unhas xornadas con David Vidal Na despedida ou ata pronto de calquera personaxe pública acostuma a ir implícito certo carácter laudatorio, e cunha selección dos pros moi por enriba dos contras. Sen embargo, se alguén encargase e pagase a propósito un artículo difamatorio ou de despresteixio de Juan Manuel Díaz Mayo 'Manu de Roque', ía ter que poñer moitos cartos sobre a mesa e contratar pouco menos que a un Nobel de Literatura. Así que, como se di moitas veces (e por mal que suene), neste caso cúmprese o de que a desgracia sempre se leva por diante aos mellores. O adestrador de titulación nacional e enxeñeiro da refundación do Outes deixa a que foi a súa casa os últimos sete anos. O motivo, sendo absolutamente fiel á realidade, é que lle está a custar a saúde: Un pólipo nunha corda vogal, con máis que posible necesidade de ciruxía, obriga a un repososo absolutamente incompatible coa labor no banco. "Supoño que será un ata pronto, pero iso nunca se sabe; neste deporte muda todo dun día para outro, e falar da tempada que ven agora é falar por falar", advirte. "Non sei se seguirei vinculado, agora só quero descansar; pedíronme que siga por alí ata que fichen un adestrador, e teranme para o que precisen dentro das miñas posibilidades; débolle moito ao clube e sempre estiven a gusto", engade. Se no proceso de resurrección deportiva do Outes, en Xuño do 2009, a alguén lle tiveran dito de onde partían e onde estarían en Novembro de 2016, o calificativo de optimista crónico sería curto. Pero Manu deixa tras de si moito máis que dous ascensos, dous premios a adestrador do ano ou o cargo por dúas veces de Seleccionador da Costa. Deixa o que diferencia aos bos dos grandes: un legado. O equipo (ou o seu clube, porque a filosofía era común) tivo sempre un estilo recoñecible que ía desde o trato da bola á educación exquisita, pasando sempre por un filtro absolutamente metódico. "O equipo agora queda ben, porque teén o hábito de adestrar, e esa é a arma máis poderosa do fútbol rexional", lembra un home que por esa mesma razón minimiza o efecto da súa baixa. "Os futbolistas teñen que saber que os que consiguen as cousas son eles; eu teño levado o mérito varias veces de forma inxusta, pporque o fútbol copia á televisión, e é moi amigo de individualizar o deporte colectivo", prosigue o técnico, que no aspecto persoal si fala desde unha profunda dor. "As miradas deles cando lles dixen que non seguía lembrareinas para toda a vida", confesa. Murphy, a súa lei, a crueldade ou as paradoxas da vida teñen provocado que un home que ten feito dos 'valors', os modais e a educación unha condición sine qua non. Resulta canto menos entre curioso e cruel que se lle teña quebrado a voz a un home cun expediente virxe de tarxetas e que só levanta a voz para facer chistes con retranca. "Era mellor adestrador hai uns anos: berraba menos, corrixía mellor e era máis tranquilo", di el. "O bicho interior de ser máis competitivo foi coméndome e berro cada vez máis; ata que me lastimei contra o Piloño; protestar non protesto, porque sigo pensando que nin paga a pena nin é correcto; sigo sen cartóns e estou moi orgulloso delo", finaliza. Hoxe é un novo día na historia do Outes, no que o adestrador máis grande da súa historia fai un paréntese. As liñas vermellas están marcadas, e agora seguro que o grito máis grande que vai pegar Manu de Roque vai a ser o de alivio cando certifiquen a permanencia 'as súas creacións'.
Manu Roque cun dos fillos recollendo un Premio da Gala QPC
Manu Roque noutra Gala QPC
Manu Roque manteado polos seus xogadores