Venres. 26.04.2024
El tiempo

Outes queda en silencio

Outes queda en silencio
Un problema nas cordas vogales deixa ao equipo do Cunchido sen o seu enxeñeiro da refundación: un home que máis que títulos, recoñecementos e logros ten construido un legado dentro e fóra dos terreos de xogo Manu de Roque, durante unhas xornadas con David Vidal Manu de Roque, durante unhas xornadas con David Vidal Na despedida ou ata pronto de calquera personaxe pública acostuma a ir implícito certo carácter laudatorio, e cunha selección dos pros moi por enriba dos contras. Sen embargo, se alguén encargase e pagase a propósito un artículo difamatorio ou de despresteixio de Juan Manuel Díaz Mayo 'Manu de Roque', ía ter que poñer moitos cartos sobre a mesa e contratar pouco menos que a un Nobel de Literatura. Así que, como se di moitas veces (e por mal que suene), neste caso cúmprese o de que a desgracia sempre se leva por diante aos mellores. O adestrador de titulación nacional e enxeñeiro da refundación do Outes deixa a que foi a súa casa os últimos sete anos. O motivo, sendo absolutamente fiel á realidade, é que lle está a custar a saúde: Un pólipo nunha corda vogal, con máis que posible necesidade de ciruxía, obriga a un repososo absolutamente incompatible coa labor no banco. "Supoño que será un ata pronto, pero iso nunca se sabe; neste deporte muda todo dun día para outro, e falar da tempada que ven agora é falar por falar", advirte. "Non sei se seguirei vinculado, agora só quero descansar; pedíronme que siga por alí ata que fichen un adestrador, e teranme para o que precisen dentro das miñas posibilidades; débolle moito ao clube e sempre estiven a gusto", engade. Se no proceso de resurrección deportiva do Outes, en Xuño do 2009, a alguén lle tiveran dito de onde partían e onde estarían en Novembro de 2016, o calificativo de optimista crónico sería curto. Pero Manu deixa tras de si moito máis que dous ascensos, dous premios a adestrador do ano ou o cargo por dúas veces de Seleccionador da Costa. Deixa o que diferencia aos bos dos grandes: un legado. O equipo (ou o seu clube, porque a filosofía era común) tivo sempre un estilo recoñecible que ía desde o trato da bola á educación exquisita, pasando sempre por un filtro absolutamente metódico. "O equipo agora queda ben, porque teén o hábito de adestrar, e esa é a arma máis poderosa do fútbol rexional", lembra un home que por esa mesma razón minimiza o efecto da súa baixa. "Os futbolistas teñen que saber que os que consiguen as cousas son eles; eu teño levado o mérito varias veces de forma inxusta, pporque o fútbol copia á televisión, e é moi amigo de individualizar o deporte colectivo", prosigue o técnico, que no aspecto persoal si fala desde unha profunda dor. "As miradas deles cando lles dixen que non seguía lembrareinas para toda a vida", confesa. Murphy, a súa lei, a crueldade ou as paradoxas da vida teñen provocado que un home que ten feito dos 'valors', os modais e a educación unha condición sine qua non. Resulta canto menos entre curioso e cruel que se lle teña quebrado a voz a un home cun expediente virxe de tarxetas e que só levanta a voz para facer chistes con retranca. "Era mellor adestrador hai uns anos: berraba menos, corrixía mellor e era máis tranquilo", di el. "O bicho interior de ser máis competitivo foi coméndome e berro cada vez máis; ata que me lastimei contra o Piloño; protestar non protesto, porque sigo pensando que nin paga a pena nin é correcto; sigo sen cartóns e estou moi orgulloso delo", finaliza. Hoxe é un novo día na historia do Outes, no que o adestrador máis grande da súa historia fai un paréntese. As liñas vermellas están marcadas, e agora seguro que o grito máis grande que vai pegar Manu de Roque vai a ser o de alivio cando certifiquen a permanencia 'as súas creacións'. Manu Roque cun dos fillos recollendo un Premio da Gala QPC Manu Roque cun dos fillos recollendo un Premio da Gala QPC Manu Roque noutra Gala QPC Manu Roque noutra Gala QPC Manu Roque manteado polos seus xogadores Manu Roque manteado polos seus xogadores

Comentarios