Outro GM vence a 5ª proba do Circuito de Xadrez Intercomarcal

Menudo nivel ten este Circuito. Este pasado sábado día 6 de agosto disputouse o I Torneo de xadrez “Festa do Emigrante” non Concello do Val do Dubra. O local de xogo foi na propia rúa principal de Bembibre baixo carpa, xa que a rúa estaba cortada pola Festa do Emigrante e a pesar do caloroso día o torneo disputouse nun ambiente moi cómodo sen ruído excesivo, unha vez máis o xadrez sae gañando amosándoo ó público en xeral.

Era a 5º proba do I Circuíto Intercomarcal das 12 previstas e contou cunha participación de 58 xogadores, destacando a 3 GM e 3 MF, de lugares habituais e outros novos como Cuba, Serbia, Ponferrada, Ourense, Esteiro, Santiago, Lugo, Ferrol, Oroso, Coruña, Cambre, Arteixo, Cerceda, Carballo, Coristanco, Malpica, Zas, Mazaricos, Muxía e Val do Dubra, disputáronse 7 roldas de 10´+5” e repartíronse 800€ en premios e trofeos.

No plano deportivo destacar que na rolda 4 o MF Pazos gañaba de novo ao nº1 do torneo, o GM cubano Lelys, Strikovic gañaba ao GM Lariño na 5ª rolda, no duelo crave da rolda 6, Strikovic vencía a Pazos para chegar líder á última rolda con 6 puntos seguido de varios xogadores con 5 puntos. Na 7º Strikovic empataba co nº1 Lelys e as vitorias de Pazos e Lariño ante Arias e Fernández, tralas 7 roldas disputadas resultou campión o GM Serbio, residente en Cambre, Aleksa Strikovic con 6,5 puntos, 2º quedaba por mellor desempate o MF Ferrolán Antonio Pazos e 3º o GM de Esteiro David Lariño con 6 puntos.

Encabezando o grupo de xogadores con 5 puntos foi 4º o GM Cubano Lelys Martínez, 5º o Ferrolán Walter López, 6º Manuel Arias da Coruña, 7º José Fernández de Cambre, 8º José Luís Fernández de Ourense, 9º Diego Fernández da Coruña e 10º Daniel González de Arteixo, quedou de 11º sen premio o MF José Sande de Ponferrada tamén con 5 puntos. Dos premios especiais foi 1º sub-2000 Anxo de Blas de Coruña, 1º sub-1600 Santiago Pérez Haz de Muxía, 1º sub-18 Martín Pena de Oroso, 1º veterano Miguel Mendoza de Coruña, 1º sub-16 Heriberto Rubial de Ponferrada, 1º sub-14 Borja Carreira de Ponferrada, 1º sub-12 Marta Quintás de Lugo, 1º sub-10 Martín Mira de Canosa-Rus e 1º sub-8 Roi Mira tamén do Canosa-Rus, o mellor xogador local foi José A. Varela e o 2º Francisco Jesús García.

O gañador do cheque regalo de 20€ cortesía de Supermercados Gadis foi para Manuel Míguez de Oroso, a clausura en representación do concello do Val do Dubra acudiu a tenente de alcalde e concelleira de cultura Dª Celsa Oreiro que foi a encargada de entregar os premios, un gran día de xadrez e esperemos que teña continuidade nos anos próximos xa que ademais houbo moitos participantes locais. Lembrar que o próximo torneo é o día 15 en Sada e aínda quedan 7 probas (podes consultar o calendario aquí) polo que aínda estades a tempo de xogar o circuíto e optar aos premios finais.

Calendario de torneos

Este é o Calendario que queda: Agosto: – Luns día 15 de agosto Sada. – Sábado día 20 de agosto A Laracha. Setembro: – Sábado día 3 Carnota. – Domingo día 4 Muxía. – Sábado día 10 Cabana de Bergantiños. – Sábado día 17 Carballo. – Sábado día 24 Cerceda.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).