Piragüista galego non debuta na Copa do Mundo por falta de pegatinas

Iago Canosa nunha proba en Le Seu-Foto-Lucas M Farrapeira

Dura a polémica vivida esta semana arredor da Federación Española de Piragüismo, xogando coa ilusión e o traballo dun deportista galego. Falamos de Iago Canosa, o padexeiro do CDM Piragüismo Dumbría que non poderá asistir á Copa del Mundo de Ivrea por unha nova demostración caciquil ao máis puro estilo Villar.

O responsable do club costeiro, Quique Portela, enviouse unha serie de duros comunicados co presidente o Coordinador dos Equipos Nacionais da RFEP, despois de que esta lle remitise a negativa a que Canosa ocupase unha praza que quedaba vacante para o K1H da Copa del Mundo de Ivrea.

A propia Federación recoñece “non contar con un criterio específico e aprobado para a selección dunha Copa do Mundo”, que ademais non conta con financiamento (os deportistas van por petición propia e pagando o seus gastos, pero ten que ser a RFEP a que solicite a súa participación). O caso é que había unhas unhas bases claras, que se incumpliron por parte da Federación.

Entre excusas, argumentos a medias, desautorizacións internas e intervencións de bombeiros “apagalumes”, a realidade é que Iago quedará na casa.

”É moi triste que un deportista que o gañou no río, non debute representando a España nunha Copa do Mundo por falta de pegatinas”, explica Portela facendo referencia a que os deportistas habituais da selección que conseguen o “adhesivo da Federación” parece que gozan de maiores privilexios. “Ademais indica ata que punto a Federación banaliza a situación e amosa pouca empatía cos deportistas que, como Iago, traballan por conseguir ese obxectivo, desprazándose a vivir a 1.200 kilometros de casa, costeando a súa familia os seus gastos de adestrador, auga na canle, aloxamento, e contando apenas cunha modesta axuda do seu club”, lamenta o adestrador dumbriés.

Deste xeito, o debut dun deportista costeiro nunha Copa do Mundo parece que terá que esperar. Pero seguro que a RFEP terá máis coidado á hora de escoller os seus participantes. “Quizas non solucionemos xa nada neste caso, pero imos garantir que cacicadas como esta non se volvan a producir. Espero que para futuras competicións haia máis disponibilidade de pegatinas”, remataba Portela a súa comunicación coa RFEP, facendo unha clara alusión á prevaricación levada neste asunto.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).