Un empate e unha derrota foi o saldo dos equipos do Fisober esta fin de semana nunha tarde sabatina de fútbol sala feminino no Conco, en Dumbría.
O equipo B empataba a 1 gol co CFSF O Pino e as maiores caían na casa ante o líder, o Leis Pontevedra por 5-8, ante as que prantarono cara en todo momento.
Pola súa parte o FSF Concello de Ponteceso xogaba dous encontros esta fin de semana. caía na casa ante o Sobrado na Liga Provincial por 2-5, e seguen sen sumar neste debut na Liga Provincial tras 10 encontros disputados. Con todo, cómpre apuntar unha grande melloría do equipo Pontecesán que parece que lle empeza a tomar medida a competición, só falta que esa tensión defensiva a manteña os 50 minutos de partido, e seguro que se verá algunha sorpresa no municipal de Ponteceso.
Liga Autonómica
Resultado: Fisober C. Vimianzo, 5 - Leis Pontevedra, 8
Fisober C. Vimianzo: Paula (p), Elsa, Patri, Ana e Barca. Tamén xogaron: Eva, Alba e Olalla.
Leis Pontevedra: Irene, Genma, Yolanda, Natalia e Begoña Tamén xogaron: Andrea, Sandra, Carmen, Nerea, Elena e Raquel
Bo partido o xogado polas rapazas do Fisober no Municipal de Dumbria, prantándolle cara ó líder da competición, que viaxaba a Dumbria con xogadoras do equipo de División de prata, sendo unha delas, Begoña, a que decidiría o partido cando mellor estaban as cousas para o equipo vimiancés.
Non empezaban ben as rapazas da costa da morte, encaixando un gol nos primeiros 3 minutos, pero repuxeronse e deronlle a volta o marcador con dous goles de Barca, un de falta e outro de penalti, empatarían pronto as xogadoras pontevedresas pero Eva voltaria a por por diante as nosas chegandose ó descanso cun resultado favorable de 3-2.
Outro gol de falta de Barca ó inicio da segunda metade darialle unha renda de 2 goles ó Fisober, pero foi aí cando apareceu a xogadora visitante Begoña, que con tres goles e liderando o seu equipo, deronlle a volta o marcador, un gol de Ana puxo de novo ás xogadoras de Chans e Fran no partido pero dous goles máis do equipo do Leis sentenciaron o partido.
O equipo A mantense na 11ª posición desta esixente Liga Autonómica con 12 puntos en 11 partidos, con 6 puntos de vantaxe sobre a zona baixa.
Liga Provincial
Resultado: Fisober B Concello de Vimianzo, 1- CFSF O Pino, 1
Fisober: Eva, Ylenia, Noelia, Mirella e María. Tamén xogaron: Andrea.
O Pino: Iria, Bea, Vanesa, Cecilia e Laura. Tamen xogaron: Milagros e Belén.
Goles: 1-0 Andrea; 1-1 Laura
Gran empate o conseguido polo filial do Fisober ante O Pino, xa que os dous minutos de empezar o partido a xogadora pontecesan Mirella sufria un golpe fortuito
polo que tiña que ser retirada do campo e trasladada ó Hospital Virxe da Xunqueira no que se lle diagnosticou unha rotura de radio na seu brazo esquerdo.
A lesión de Mirella supuxo que o equipo vimiancés tivera que xogar todo o partido sin cambios xa que contaba cas baixas de Andrea, Noelia e Lara, polo que o esforzó das xogadoras de Jemisa e Jordi tivo que ser o doble ante un equipo que o avantaxaba na clasificación en dous puntos.
A primeira metade remataria con empate a cero goles e xa na segunda, Andrea colocaba por diante o Fisober pero o cansancio fixo mella nas rapazas da costa da morte e a tres minitos para o remate, Laura conseguía o definitivo 1-1.
Ponteceso FSF
O Concello de Ponteceso FSF comezaba as citas desta semana o sábado en Ponteceso ante Sobrado Xuv. Pan. Vázquez, encontro da xornada 10 que finalizou co resultado de 2-5 a favor do equipo visitante.
Resultado: Concello de Ponteceso FSF, 2 - Sobrado Xuv. Pan. Vázquez, 5
Concello de Ponteceso FSF: Salomé, Silvia, Iria, Chris e Carmen (cinco inicial). Tamén xogaron Ana, Cris Santos, Sonia, Mónica, Marta, Sabela e Tamara.
Sobrado: Laura, María, Patricia, Tamara e Sara (cinco inicial). Tamén xogaron Sandra, Amalia, Lucía, Patricia, e Rosalía.
Bó partido das xogadoras de Jose Barca e Curro nas que se notou unha gran melloría nestes casi tres meses de competición. As xogadoras de Ponteceso, que lle prantaron cara a un dos mellores equipos da categoría. Na primeira parte foi un contínuo toma e daca entre os dous equipos con ocasións en ámbalas dúas porterías, a diferencia no marcador quedou reflexada polo maior acerto das xogadoras do Sobrado, que materializaron nesta parte 3 das 4 ocasións que tiveron, mentras que o Ponteceso marrou as 5 que dispuxo.
Xa despois do descanso, o Concello de Ponteceso adiantou lineas, e na primeira chegada, no min. 2 desta parte, Carmen puxo o 1-3 o culminar un contragolpe ben lebado.. Os seguintes 15 min. foron un quero e non podo do equipo de Ponteceso que tivo contra as cordas a todo un Sobrado (2º clasificado). Despois, dous fallos na transicción defensiva despois de que o equipo da vila de Pondal se votara arriba, fixo que o sobrado marcara nos min. 43 e 46 resolvendo o partido.
Nos últimos minutos Cris Santos resolve unha xogada ensaiada nunha falta o borde da área.
Partido atrasado en Ponteceso
No partido atrasado no seu día, por deficiencias no Pabillón de Meicende, correspondente a la 7ª Xornada da liga Provincial Feminina, que enfrontou ó Manureva Talleres Mundo e ó Concello de Ponteceso, encontro disputado o luns 6 de decembro ás 12:00 horas no Pabillón Municipal de Ponteceso, que finalizou co resultado de 4-0 a favor do equipo local.
Resultado: Manureva, 4 - Concello de Ponteceso FSF, 0
Concello de Ponteceso: Salomé, Silvia, Sonia, Chris e Marta (cinco inicial). Tamén xogaron Ana, Cris Santos, Mónica, Iria, Sabela e Tamara.
A pesar do que reflexa o marcador, moi bo partido defensivo das xogadoras de Ponteceso, que chegaron o descanso cun marcador adverso de 1-0, e despois de aguantar 22 minutos tódalas acometidas das xogadoras Arteixáns, as cales só foron capaces de perforar a portería do equipo de ponteceso nun fallo na salida do balón que deixou a Cristina soa ante Salomé (min. 22).
Xa na segunda parte, e co Concello de Ponteceso ven plantado no terreo de xogo, chegou o gol de Lucía despois de varios rechaces dentro da áreo Pontecesán (min.31).
Pouco despois, no min.35, a xogadora do Manureva Cristina empalmaría un punteirazo que se colaba por toda a escadra da portería ven defendida por Salomé, sin que esta nada puidera facer. Ó pouco do final o Manureva poñería o definitivo 4-0 nun contragolpe.
Vindeira cita
O partido da vindeira semana na que o Fisober B C. Vimianzo tiña que desplazarse a Sobrado foi aprazado a petición do equipo vimiancés debido as baixas.
A próxima semana o Concello de Ponteceso FSF viaxa ata Ordes para enfrontarse ó Fermiordes, no pabillón Municipal de Ordes, posiblemente o sábado 11 .
En Liga Autonómica o Fisober C. Vimianzo visitará o Pavillón Oscar Pereiro donde se enfrontará ó Concello de Mos a partir das 20:00h.
Fútbol 11 - Liga Nacional
O Orzán de Barca Toba, Sara Vázquez e Eva Lago caía derrotado ante o Escola de Fútbol Mareo por 1-2 no Municipal da Torre, o gol herculino era anotado pola xogadora muxiana Barca.
A vindeira semana rendiran visita o CD La Braña de Xixón.