Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC

A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC
Continúa en marcha a Liga da Fútbol Sala de Cee. E dende xa QPC fará un seguimento exhaustivo da competición. Unha das competicións a nivel empresas máis importantes de toda a zona, onde participan equipos de toda a bisbarra. Cee, Brens, Ameixenda, Lobelos, Sardiñeiro, Buxantes, Carnota, Baíñas, Muxía, Quintáns ou Vimianzo son as procedencias dos 18 equipos da Liga de Fútbol Sala de Cee.

En xogo a 4ª xornada

Esta semana volve a competición tralo parón pola Feira de Oportunidades. Estase a desputar a 4ª xornada, e xa hai novedades e sopresas na táboa clasificatoria. O Bar Bujeiro está de líder na 1ª División e aínda non coñece a derrota. Detrás, sorpredentemente está o Distribuciónes Barral, un dos favoritos formado por xentes do Soneira, que non pasou do empate ante o Clínica Sar e está a 2 puntos do Bujeiro. Precisamente, Míchel, xogador do Soneira no Dist. Barral, xa é o máximo goleador da categoría. Na 2ª división é a Panadería Pichín a que leva o liderato contando encontros por vitorias. Por detrás, de preto seguen os carnotáns do Cafe do Mar e un pouco máis abaixo Congelados Sardiñeiro. Poden xa ollar as clasificacións dende a sección de Resultados e clasificacións de QPC. Ademais dende a sección de Fútbol Sala, dentro de Deportes, tamén tedes acceso ás táboas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios