Preferentemente en Preferente

Dous partidos destacan na xornada, e ambos na máxima categoría: a visita do Soneira a Arteixo e o Sofán-Laracha
O Soneira visita Arteixo - Foto: SD Soneira O ascenso progresivo de categorías en ocasións leva implícita certa desconexión emocional por parte dos seguidores, debido en boa medida á falta de derbis ou ao descoñecemento dos rivais. Aínda na época ultratecnolóxica seguen a ser incógnitas moitos dos que visitan semanalmente os prados da zona. Sen embargo haberá unha dobre excepción esta vez que convirte a Preferente no foco principal da atención. Por un lado, o Soneira visita Ponte dos Brozos, o feudo donde de forma case hollywoodiense acadou o primeiro ascenso desde Primeira na súa historia, e para medirse a unha entidade coa que lle unen varios vínculos recentes: o pasado común do mito vimiancés Miguel, agora en Terceira, ou a presencia de vellos coñecidos e amigos coma Santi, Javi ou Vituco, considerado por moitos o mellor futbolista da historia do Soneira. Por outra banda, ao Carral de Sofán chega o case veciño Laracha, onde militan tamén moitos coñecidos da familia sofanista. Ata en menor medida tamén será especial para o Bertamiráns a visita a Santa Comba, pois hai precedentes de intercambio reciente. Menos especial chega a semana da Primeira Galega, sen deris nin súper rivais. A Dumbría arriba o Piloño, combativo e peor a domicilio. Debe ter moitas opcións o Outes en Padrón ante o Esclavitud, que xa caeu en Zas. O Sporting viaxa a Agolada, un campo para fútbol directo e ante rival duro. Por outra banda, o rival máis duro pasa por ser o Unión, visitante en Ara Solis, e candidato eterno ao ascenso de categoría. Haberá na Liga da Costa nova proba de candidaturas, despois de que xa non queden equipos que gañasen tódolo seus encontros. O Corme, en sequía goleadora nos últimos quince días, mide o bo momento dun Corcubión en modo festa tras vencer o derbi. O derrotado desa tarde, o Cee, recibe a un Porteño necesitado, mentres que o líder da competición, o Castriz, xoga cun imprevisible Baíñas. Mazaricos e Baio protagonizan o pode que partido da xornada. A Terceira de Terceira manda a Cabana a un Ameixenda crecente, e que terá nas Redondas a un rival xove, con gol pero dúbidas defensivas. Histórico e costeiro cen por cen parece o Camelle-Lira, cos de Manín que veñen de acadar o seu primeiro triunfo. En Fontiñas o Nantón parece moi favorito ante o Volantes, mentres que o líder Muxía debería vencer ao Seaia, se é que non prosigue a dinámica sorpresiva.  

PreferenteNorte, xornada 6

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 5

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 5

 

LigaGalega Xuvenil, xornada 4

1ªXuvenil, Gr.2, xornada 3

 

1ªXuvenil, Gr.3, xornada 3

LigaGalega Cadete, xornada 4

1ªCadete, xornada 3

LigaGalega Infantil, xornada 4

1ªInfantil, xornada 3

LigasVeteranos, 1ª División

LigasVeteranos, 1ª División

 

Máisinformación