Preparado o sorteo da #CopadaCosta2015

Búscase sustituto para o actual campión de Copa, o Dumbría.

I é que xa está en marcha a competición máis esperada de cada curso no Fútbol da Costa. Este vindeiro mércores 26 de novembro, a Federación convoca unha reunión con todos os clubs da volta, ás 20:15h no Pavillón de Baio, para realizar o sorteo da #CopadaCosta2015.

Unha cita que sempre trae cola, con moita atención por parte de todos os clubes da bisbarra, sendo unha das citas que máis xente congrega. Seguro que a tensión do sorteo faino divertido.

Finais de Copa

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).