Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Xallas de Santa Comba, campión da 50 edición da Copa da Costa

O Xallas de Santa Comba, campión da 50 edición da Copa da Costa
Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri-Familia do XSC Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013

Se o ano pasado a final tivo monocolor laranxa, este 2013 engadímoslle o verde pero a Copa marcha para o mesmo lugar. O Xallas de Santa Comba alzouse co 50 aniversario da Copa da Costa, a súa 6ª Copa tralas 4 acadadas polo Xallas CF (anos 66, 67, 68 e 2002) ademais da do Santa Comba do ano pasado. Quedou o Malpica, que vendeu cara a súa derrota, ás portas do seu segundo triunfo trala Copa do 85.

Arredor dun milleiro de persoas encheron o Platas Reinoso para disfrutar da gran festa do #futboldacosta. Un ano máis, a cita con máis afluencia e interese, e na que se podía ver, ademais de centos de afeccionados dos dous finalistas, a xentes de toda a bisbarra, dende Outes a Carballo, a pesar de que varios torneos tiñan lugar ao mesmo tempo.

Cómpre deixar unha gran mención ás dúas afeccións, e mais ao CD Baio, que dando exemplo ao resto de clubes, xunto co Concello de Zas, cedeu as instalacións do Platas Reinoso e renunciou á súa porcentaxe de beneficios, polo que a cantina e a entrada repartírona entre os dous finalistas.

A final tivo todos os alicientes para engrandecer o noso fútbol, así que repasamos o deportivo desta edición patrocinada por Senra Sport.

Ambientazo no Platas Reinoso para a Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri

Antes de comezar o partido tiveron o seu momento de protagonismo os infantís xalleiros, que veñen de conseguir un espectacular ascenso á Liga Galega Infantil.

Homenaxe aos infantís do XSC que ascenderon a Liga Galega na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri

Xallas de Santa Comba - Malpica (1-0)

Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri-11 do XSC
  • XSC: Diego, Chinda (Darío, min.60), Oscarín, Guillermo, Pablo Vigo (Diego Maneiro, min.90), Martín, Doro, Jota, Javi Suárez (Marcos, min.80), Mon (Alberto, min.70), Rubén Forján.
11 do Malpica na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri
  • Malpica: Suso, M. Uruguaio (Adrián, min.70), David Castro, Mario Casal, Alemán, Andrés (Fernando Varela, min.46), Tato, Neucha, David Blanco (Charro, min, min.60), Mino.
  • Gol: 1-0, min.30: Doro dende a frontal pola escuadra tras un pase de Javi Suárez.
  • Lesión: Chinda por problemas musculares.
  • Expulsión: no banco malpicán ao míster David Baña, ao segundo Javi e mais a Marcos Amado.
Capis e colexiados na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri Ruben Forjan diante de Mino na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri-

Non foi a final máis bonita da historia pero esto de que sexa a partido único fai que a emoción sexa a protagonista. Así, ata o pitido final non rematou a emoción e nunha gran segunda metade do equipos, teoricamente pequeno, a prórroga estivo moi preto.

Os de Corredoira saíron máis metidos no partido e a primeira metade foi súa. Así e todo o dominio non se transformaba en grandes ocasións, pois as defensas estaban moi ben colocadas e había moita tensión. Doro, o mellor do partido, e probablemente o mellor xogador da Copa da Costa 2013 e da temporada, avisaba ao cuarto de hora, e era el mesmo, tras unha boa interenada de Javi Suárez, controlaba ao borde da área levantaba a cabeza e a clavaba na escuadra de Suso.

Doro celebrando o tanto da vitoria

Continuaba o dominio bicolor e Doro tivo o 2-0 pero enredouse nos regates e o seu tiro xa co porteiro batido petou un defensa. Antes de ir aos vestiarios Mino lanza dende 30 metros avisando o que esperaba na segunda metade.

O Malpica foi a por todas no segundo tempo. Malia que as forzas flaqueaban, e notábase a diferencia de categoría cuns xogadores xalleiros un punto máis fisicamente, os de Baña conseguiron meter ao XSC no seu campo. A saída de Fernando Varela no medio campo e, sobre todo a de Charro, pola banda esquerda, foron claves para empezar a facer dano á defensa xalleira.

Chinda facía a primeira ocasión do segundo tempo cun bo tiro, e Tato e Mino avisaban. Unha das mellores ocasións a tivo Tato tras unha falta lateral, pero con toda a portería para el marraba mirando e esperando que o liña levantase a bandeira. Non era fóra de xogo. Charro empezaba a entrar pola banda con moito perigo e sacar balóns atrás que non atopaban rematador.

Estaba case sen forzas pero o Malpica tiña fe. E chegaron un par de faltas, as mellores armas deste Malpica. Tato mandou á escuadra pero Diego sacou unha gran man. E o colexiado sorprendeu a todos pitando libre indirecto dentro da área ao ver que Diego mantiña o balón nas mans máis de 7 segundos. Era a de Neucha, perfecta para el, pero o balón estrellouse na barreira bicolor, como as esperanzas da afección malpicá.

O xalleiro Javi Suárez co balón na súa casa de Baio na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri

Celebración nocturna do XSC en Santa Comba

Galería fotográfica de Jorge Parri

A Afección do Malpica non parou de animar na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri Afección bicolor do XSC na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri Familia do Zas disfrutando a gran festa do fútbol da Costa- Foto- Jorge Parri Afeccion do XSC na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri Afección do Malpica na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri Doro celebrando a vitoria na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri Doro ca Copa de Campión da Copa da Costa 2013 para o Xallas de Santa Comba-Foto- Jorge Parri Exemplar a afeccion do Malpica con Doro Pablo Vigo e Doro celebrando a sua terceira Copa da Costa-Foto- Jorge Parri Doro o mellor do partido e probablemente da temporada-Foto- Jorge Parri Marcos recibindo o trofeo de subcampión da Copa da Costa 2013 para o Malpica-Foto- Jorge Parri Javi Suárez e familia celebrando a Copa da Costa en casa-Foto- Jorge Parri Representes da Federacion co alcalde de Zas na Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri Final Copa da Costa 2013-Foto- Jorge Parri-Xallas Santa Comba campion

Máis información

Finais de Copa


Crónicas da semana

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Torneos

Fonte

Comentarios