Preparados para as grandes finais

Os membros do Club Xadrez Cabo Touriñán, de fronte, ante os do Oroso

Non cede o Club Xadrez Cabo Touriñán, e se mantén invicto a falta de tres roldas para rematala liga. Pero a loita polo campionato segue apretadísima, pois o Pub Musaraña de Vilagarcía que é líder, e o Milladoiro, tampouco ceden. Esta rolda os costeiros enfrontábanse ao Oroso que este ano está loitando por non descencer a 3ª división, e non deron tregua.

A semana que vén comeza a recta final de enfrontamentos directos.

Oroso 1 - Cabo Touriñán 3

Resultados por taboleiro:
  • Mª del Carmen Varela – David Lariño 0-1. O Oroso decidiu alinear aos seus mellores xogadores nos tres últimos taboleiros para tratar de gañar aí os puntos dando por perdida a partida contra Lariño.
  • José Soneira – Martín Pena 1/2-1/2, . Soneira saiu ben da apertura e conseguiu vantaxe no medio xogo pero nos apuros de tempo deixouna escapar e a partida rematou en táboas despois de catro horas.
  • Alvaro Viqueira – Manuel Lamas  a pesar de que materialmente a partida estaba igualada a mala coordinación de pezas do xogador muxián e a gran actividade das pezas do xogador do Oroso facían que este tivera moita ventaxa pero despois de varios cambios de pezas a ventaxa diminuiu e os xogadores acordaron táboas a petición de Manuel.
  • Ramón Franco - Juán Ramón Salgueiro, Ramón conseguiu calidade de ventaxa e ao chegar a un final de torre e cinco peóns contra alfil e dous peóns o seu rival abandonou.
 

Vindeira xornada

A próxima fin de semana os muxiáns xogan en Muxía contra o Milladoiro, nunha das primeiras finais.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas do curso

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).