Preparados para as grandes finais

08:31 10/04/18

Non cede o Club Xadrez Cabo Touriñán, e se mantén invicto a falta de tres roldas para rematala liga. Pero a loita polo campionato segue apretadísima, pois o Pub Musaraña de Vilagarcía que é líder, e o Milladoiro, tampouco ceden. Esta rolda os costeiros enfrontábanse ao Oroso que este ano está loitando por non descencer a 3ª división, e non deron tregua.
A semana que vén comeza a recta final de enfrontamentos directos.
Oroso 1 - Cabo Touriñán 3
Resultados por taboleiro:- Mª del Carmen Varela – David Lariño 0-1. O Oroso decidiu alinear aos seus mellores xogadores nos tres últimos taboleiros para tratar de gañar aí os puntos dando por perdida a partida contra Lariño.
- José Soneira – Martín Pena 1/2-1/2, . Soneira saiu ben da apertura e conseguiu vantaxe no medio xogo pero nos apuros de tempo deixouna escapar e a partida rematou en táboas despois de catro horas.
- Alvaro Viqueira – Manuel Lamas a pesar de que materialmente a partida estaba igualada a mala coordinación de pezas do xogador muxián e a gran actividade das pezas do xogador do Oroso facían que este tivera moita ventaxa pero despois de varios cambios de pezas a ventaxa diminuiu e os xogadores acordaron táboas a petición de Manuel.
- Ramón Franco - Juán Ramón Salgueiro, Ramón conseguiu calidade de ventaxa e ao chegar a un final de torre e cinco peóns contra alfil e dous peóns o seu rival abandonou.
Vindeira xornada
A próxima fin de semana os muxiáns xogan en Muxía contra o Milladoiro, nunha das primeiras finais.Máis información
- Calendario da 2ª División da Liga Galega de Xadrez.
- Podense reproducir as partidas no blog xadrezcabotourinan.blogspot.com.es.
- www.fegaxa.org.
Novas relacionadas
- Bota andar, co prazo de inscrición aínda aberto, a pioneira Escola de Xadrez de Muxía.
- En marcha a pioneira Escola Municipal de Xadrez de Muxía.
Crónicas do curso
- O Club Xadrez Cabo Touriñán prepárase para unha emocionante a recta final.
- O Club Xadrez Touriñán supera o ecuador da Liga no liderato.
- O Touriñán xa é líder.
- O Xadrez Cabo Touriñán, firme cara o ascenso.
- O Xadrez Cabo Touriñán comeza a tempada con fichaxes mirando o ascenso.
- Muxía puxo o broche final ao pioneiro II Circuíto Intercomarcal de Xadrez Rápido Deputación da Coruña.
- O Club Xadrez Cabo Touriñán pecha unha gran temporada de debut.
- A Federación de Anpas pecha a súa 1º liga de Xadrez.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).