1ª Autonómica: Un líder como un castelo
22 de febreiro de 2016 (13:16 h.)
Inesquecible victoria do Soneira en Sofán, nun tarde de fútbol con maiúsculas e que ademais vale un liderato; igual de enorme foi a victoria dun Corme cos deberes moi avanzados
O cambrés Javi Doldán foi un dos máis destacados do Sofán - Foto: SD Sofán
A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com
Sofán 1-2 Soneira
Richi, á esquerda, firmou o tanto do triunfo soneirán - Foto: SD Sofán
Recuperou a primeira praza da liga o Soneira. Esa debería ser a lectura principal para calquera seareiro. Sen embargo, por debaixo un feixe de factores fan desa máxima só o resultado dunha coral de elementos marabillosos en perfecta sinfonía (e sintonía). Nun campo ateigado, durísimo, contra un rival nun momento extraordinario, sacou adiante un partido chave para marcar a recta final da tempada. E o fixo tirando de orgullo, de canteira e de capacidade para repoñerse dos golpes. A autoría dos dous tantos, ademais, é un guiño ao que representa esta versión dos vimianceses. Foi Alberto Vía o que botou o equipo ás costas, e que en tres minutos foi protagonista dúas veces. Errou a porta valeira primeiro e lle fabricou un tanto a un Basti demoledor e candidato a futbolista máis determinante do ano. Só a actuación do meta local evitou que o Soneira sentenciara antes de dez minutos. Foi aí cando comezou a medrar o Sofán, capaz de competir ata contra o diablo e sempre incómodo. Brais tivo a máis clara antes do intermedio. Pero á volta dos vestiarios, e a raíz do gol de Doldán tras maestría de Iván Rey, ata tivo a sorpresa nas súas mans. Ata que Sito trincou a Vía e provocou un penalti que acabaría por ser o desenlace final dun choque que aínda tería moita emoción. Volcouse o Sofán, e a grada e a parroquia local pediron un par de penaltis. Pero o Soneira recuperou o trono da liga, e parece difícil que competindo así o poda perder.
Malpica 0-3 Agolada
Baio-Union-Foto-Santi Soneira
Corme 5-3 Palmeira
Lucas estaba de aniversario.Foto-Fin Lema
O 24 aniversario do canteirán Lucas tivo como regalo tres novos puntos fundamentais na carreira do Corme hacia a permanencia. E chegaron en homenaxe ao que está a ser a tempada: un desmelene ofensivo e defensivo. Os costeiros levaron a iniciativa ante outro rival moi ofensivo, e que comparte virtudes e defectos. O hat trick do barbanzán Vicente mantivo con vida ao seu equipo en medio do festival local. A lesión do meta Susiño levou a Alejandro, o veterán, a reinventar a súa posición.
Outes 1-1 Bertamiráns B
- Campo: O Carral
- Sofán: David, Sito, Adrián, Rubén, Álex Varela (Seo m.86), Felipe, Franchu (Martínez m.56), Brais (Insua m.70), Iván Rey (Raul m.70), Luis e Javi Doldán
- Soneira: Lema, Cristian (Dario m.71), Maikel (Brais Mouzo m.74), Aaron, Alberto, Jota, Mayor (De la Sierra m.54), Sandelo (Nazo m.79), Richi, Basti (Fran m.86) e Via Rápida
- Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Expulsou a Felipe (m.70) e a David Insua, co partido finalizado. Amonestou a Álex Varela, Sito, Pablo Martínez
- Goles: 0-1 m.3 Basti; 1-1 m.48 Javi Doldán; 1-2 m.69 Richi, de penalti
- Campo: A Pedra Queimada
- Malpica: Víctor; Dímaga, (Sergio m.52), Carlos Mallo, Roi Carril, Álex Marquez, Eme, Eloy, Jaco, Petís, Mara e Charro
- Agolada: Rafa; Charly, Gabucho, Canutas, Álex, Marcos, Joselu, (Rubén m.62), David, (Juanjo m.83), Pablo, (Boyan m.67), Diego, (Jorge m.83), Aitor
- Árbitro: Zas Vázquez (A Coruña). Expulsou a Álex Márquez (m.85) e a Eloy Vilas (m.40), ambos do Malpica
- Goles: 0-1 m.3 Pablo; 0-2 m.45 Pablo; 0-3 m.80 David
- Campo: Platas Reinoso
- Baio: Pollo, Yago, Porto (Eloy m.83), Mario, Luis Alvite, Fachal, Brais (Ramón m.77), Peke (Christian m.15), Martín, Luisito (Rubio m.87) e MC
- Flavia: Cristian, Magariños (Otero m.78), Esparís, Jose Enrique, David, Arufe (Xose m.79(, Roberto, Brais, Álex Pérez, Vilaverde (Jamardo m.81) e Kevin
- Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña).
- Goles: 0-1 m.59 Roberto; 0-2 m.62 Villaverde; 0-3 m.78 Pablo, en propia meta
- Campo: O Cairo
- Corme: Susiño (Alejandro m.70), Brais (Joshua m.55), Dani, Miguel Torrado, Adolfo (Jesús m.77), Sergio (Eloy m.61), Juan Chans, Adrián Doldán (Jose m.69), Toniño, Lucas e Diego
- Palmeira: Luna, Manu Millán (Andrés m.81)(, Jorge, Brión, Viturro, Tubío (Óscar m.63), Simón, Álvaro (Eiras m.54), Jorge, Vicente e Gonzalo
- Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Amonestou a Sergio e Juan Chans do Corme; Simón do Palmeira
- Goles: 1-0 m.17 Toniño; 1-1 m.20 Vicente; 2-1 m.40 Lucas, de penalti; 3-1 m.48 Toniño; 3-2 m.63 Vicente, de penalti; 4-2 m.67 Juan Chans; 4-3 m.85 Vicente; 5-3 m.89 Jose
- Campo: O Conchido
- Outes: Rama, Jura, Pose, Maroñas (Veleiro m.60), Dani Corniños, Kim, Jorge (Chía m.60), Martín, Eli, Piki e Chúa
- Bertamiráns B: Pablo, Alejandro, Cohen, Saúl, Seoane, Martín (Gonzalo m.46), Carlos (Adrián m.46), Mateo, Jaime (Alexandre m.46), Adrián e Miguel (Dani m.78)
- Árbitro: Piñeiro Lugo (Santiago). Expulsou ao visitante Dani (m.87)
- Goles: 1-0 m.21 Eli; 1-1 m.41 Chúa, en propia meta
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermparga@quepasanacosta.com).