mércores. 30.04.2025
El tiempo

1ª Autonómica: Un líder como un castelo

1ª Autonómica: Un líder como un castelo
Inesquecible victoria do Soneira en Sofán, nun tarde de fútbol con maiúsculas e que ademais vale un liderato; igual de enorme foi a victoria dun Corme cos deberes moi avanzados O cambrés Javi Doldán foi un dos máis destacados do Sofán - Foto: SD Sofán O cambrés Javi Doldán foi un dos máis destacados do Sofán - Foto: SD Sofán A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com A Clínica de Fisioterapia Vértebra e a Podóloga Alicia Novás, de Baio, patrocinan a 1ª Autonómica. Pincha e coñéceas en www.vertebrabaio.com   Sofán 1-2 Soneira
  • Campo: O Carral
  • Sofán: David, Sito, Adrián, Rubén, Álex Varela (Seo m.86), Felipe, Franchu (Martínez m.56), Brais (Insua m.70), Iván Rey (Raul m.70), Luis e Javi Doldán
  • Soneira: Lema, Cristian (Dario m.71), Maikel (Brais Mouzo m.74), Aaron, Alberto, Jota, Mayor (De la Sierra m.54), Sandelo (Nazo m.79), Richi, Basti (Fran m.86) e Via Rápida
  • Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Expulsou a Felipe (m.70) e a David Insua, co partido finalizado. Amonestou a Álex Varela, Sito, Pablo Martínez
  • Goles: 0-1 m.3 Basti; 1-1 m.48 Javi Doldán; 1-2 m.69 Richi, de penalti
De cabeza aos pés, un líder Richi, á esquerda, firmou o tanto do triunfo soneirán - Foto: SD Sofán Richi, á esquerda, firmou o tanto do triunfo soneirán - Foto: SD Sofán Recuperou a primeira praza da liga o Soneira. Esa debería ser a lectura principal para calquera seareiro. Sen embargo, por debaixo un feixe de factores fan desa máxima só o resultado dunha coral de elementos marabillosos en perfecta sinfonía (e sintonía). Nun campo ateigado, durísimo, contra un rival nun momento extraordinario, sacou adiante un partido chave para marcar a recta final da tempada. E o fixo tirando de orgullo, de canteira e de capacidade para repoñerse dos golpes. A autoría dos dous tantos, ademais, é un guiño ao que representa esta versión dos vimianceses. Foi Alberto Vía o que botou o equipo ás costas, e que en tres minutos foi protagonista dúas veces. Errou a porta valeira primeiro e lle fabricou un tanto a un Basti demoledor e candidato a futbolista máis determinante do ano. Só a actuación do meta local evitou que o Soneira sentenciara antes de dez minutos. Foi aí cando comezou a medrar o Sofán, capaz de competir ata contra o diablo e sempre incómodo. Brais tivo a máis clara antes do intermedio. Pero á volta dos vestiarios, e a raíz do gol de Doldán tras maestría de Iván Rey, ata tivo a sorpresa nas súas mans. Ata que Sito trincou a Vía e provocou un penalti que acabaría por ser o desenlace final dun choque que aínda tería moita emoción. Volcouse o Sofán, e a grada e a parroquia local pediron un par de penaltis. Pero o Soneira recuperou o trono da liga, e parece difícil que competindo así o poda perder.
  Malpica 0-3 Agolada
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Malpica: Víctor; Dímaga, (Sergio m.52), Carlos Mallo, Roi Carril, Álex Marquez, Eme, Eloy, Jaco, Petís, Mara e Charro
  • Agolada: Rafa; Charly, Gabucho, Canutas, Álex, Marcos, Joselu, (Rubén m.62), David, (Juanjo m.83), Pablo, (Boyan m.67), Diego, (Jorge m.83), Aitor
  • Árbitro: Zas Vázquez (A Coruña). Expulsou a Álex Márquez (m.85) e a Eloy Vilas (m.40), ambos do Malpica
  • Goles: 0-1 m.3 Pablo; 0-2 m.45 Pablo; 0-3 m.80 David
Nubes negras sobre Malpica Nova derrota dos de Ambrosio Oróns, que aos tres minutos xa ían abaixo no marcador, tras un pase sobre o histórico xigantón Pablo, que este resolveu con maestría. Desa envergadura se aproveitaría antes do descanso para rematar un córner. David pecharía a conta do Agolada a falta de dez minutos. Houbo moitas queixas non só da actuación, senón tamén da actitude do colexiado Zas Vázquez.   Baio 0-3 Flavia Baio-Union-Foto-Santi Soneira Baio-Union-Foto-Santi Soneira
  • Campo: Platas Reinoso
  • Baio: Pollo, Yago, Porto (Eloy m.83), Mario, Luis Alvite, Fachal, Brais (Ramón m.77), Peke (Christian m.15), Martín, Luisito (Rubio m.87) e MC
  • Flavia: Cristian, Magariños (Otero m.78), Esparís, Jose Enrique, David, Arufe (Xose m.79(, Roberto, Brais, Álex Pérez, Vilaverde (Jamardo m.81) e Kevin
  • Árbitro: Acuña Piñeiro (A Coruña).
  • Goles: 0-1 m.59 Roberto; 0-2 m.62 Villaverde; 0-3 m.78 Pablo, en propia meta
Unha moi mala tarde Partido para borrar dun Baio que durante a primeira metade competiu, pero que desapareceu totalmente despois do descanso. Non era a liga dos costeiros, que incluso colaboraron negativamente en dous dos tres goles do seu rival. No primeiro acto a películo pudo ser distinta, pero a madeira repeleu un lanzamento de libre directo por parte baiesa. A debacle chegaría despois. O gol de Roberto pareceu sacar do choque aos locais.
  Corme 5-3 Palmeira
  • Campo: O Cairo
  • Corme: Susiño (Alejandro m.70), Brais (Joshua m.55), Dani, Miguel Torrado, Adolfo (Jesús m.77), Sergio (Eloy m.61), Juan Chans, Adrián Doldán (Jose m.69), Toniño, Lucas e Diego
  • Palmeira: Luna, Manu Millán (Andrés m.81)(, Jorge, Brión, Viturro, Tubío (Óscar m.63), Simón, Álvaro (Eiras m.54), Jorge, Vicente e Gonzalo
  • Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Amonestou a Sergio e Juan Chans do Corme; Simón do Palmeira
  • Goles: 1-0 m.17 Toniño; 1-1 m.20 Vicente; 2-1 m.40 Lucas, de penalti; 3-1 m.48 Toniño; 3-2 m.63 Vicente, de penalti; 4-2 m.67 Juan Chans; 4-3 m.85 Vicente; 5-3 m.89 Jose
O mellor regalo para Lucas Lucas estaba de aniversario.Foto-Fin Lema Lucas estaba de aniversario.Foto-Fin Lema O 24 aniversario do canteirán Lucas tivo como regalo tres novos puntos fundamentais na carreira do Corme hacia a permanencia. E chegaron en homenaxe ao que está a ser a tempada: un desmelene ofensivo e defensivo. Os costeiros levaron a iniciativa ante outro rival moi ofensivo, e que comparte virtudes e defectos. O hat trick do barbanzán Vicente mantivo con vida ao seu equipo en medio do festival local. A lesión do meta Susiño levou a Alejandro, o veterán, a reinventar a súa posición.   Outes 1-1 Bertamiráns B
  • Campo: O Conchido
  • Outes: Rama, Jura, Pose, Maroñas (Veleiro m.60), Dani Corniños, Kim, Jorge (Chía m.60), Martín, Eli, Piki e Chúa
  • Bertamiráns B: Pablo, Alejandro, Cohen, Saúl, Seoane, Martín (Gonzalo m.46), Carlos (Adrián m.46), Mateo, Jaime (Alexandre m.46), Adrián e Miguel (Dani m.78)
  • Árbitro: Piñeiro Lugo (Santiago). Expulsou ao visitante Dani (m.87)
  • Goles: 1-0 m.21 Eli; 1-1 m.41 Chúa, en propia meta
No peor día mereceu vencer Non foi un partido para lembrar do Outes, que dominou ao Bertamiráns B e que ben pudo ter resolto antes do descanso. Un pase de Martín para Eli, que resolveu por debaixo do porteiro, significou o primeiro gol, a vantaxe, e un chorreo de ocasións que en condicións normais terían resolto a cita. Non foi así, e nun mal despexe Chúa, pouco antes do descanso, facía a igualada en propia portería. Nos compases finais do encontro os outienses reclamaron un penalti por derribo do meta visitante nun córner.  

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermparga@quepasanacosta.com).

Comentarios