Primeira: Como campións
19 de decembro de 2016 (14:32 h.)
Unha tarde case perfecta serviu para despedir o ano 2016 só co Outes en problemas clasificatorios; o Dumbría xa é campión de inverno, mentres que Fisterra e Zas evidencian síntomas de progresión positiva
O Dumbría celebrou ser campión de inverno
A tenda Máis Deporte, en Cee, patrocina as Ligas de Xuvenís. Pincha e coñécenos a través do noso Facebook
Fisterra 2-0 Val do Ulla Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Rubia, Fabián, Breixo, Robertín, Gabri (Álex m.74), Pablo Lestón (Adri m.90), Champi (Bruno m.60), Jesús (Tati m.81), Roco e Cote Val do Ulla: Rubén, Carlos, Martín, Alberto, Cristian, Porto (Nacho m.87), Matthew (Pintor m.63), Neira, Javi (Fariñas m.27), Álex López e Sebas (Óscar m.46) Árbitro: Gil Caldelas (A Coruña). Amonestou a Pablo Lestón e Cote do Fisterra; Carlos Cristian, Neira e Álex do Val do Ulla Goles: 1-0 m.10 Pablo Lestón; 2-0 m.90 Adri Calma chicha Paso adiante de suma importancia para un Fisterra que mete dous partidos de colchón sobre a zona de descenso á Liga da Costa. Os costeiros superaron a un rival directo, o Val do Ulla, que marcaba fronteira co perigo. Non é que o visitante a Ara Solis fose precisamente o máis osado e técnico do mundo, senón máis ben todo o contrario. Asumiron os de Nacho o control e manexo dun partido que comezou a poñerse a favor moi cedo, tras unha boa xogada de Jesús con cesión para Pablo Lestón. O corcubionés, en idilio co gol nas últimas semanas, atopou a colaboración do pau, que mandou o disparo para dentro da portería. Non variou en exceso o panorama, e o balón longo con búsqueda de segunda xogada seguía a ser a maior ameaza. Bruno, con máis espazos, atopou o filón e creou a acción do segundo tanto, que certificou Adri na línea de gol. Dumbría 4-3 Atlético Riveira Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Adrián, Charly (Cristian m.46), Manu Nogueira (Rivi m.46), Diego Cespón, Darío Capelo (Pablo Conde m.83) e Aarón Atlético Riveira: Ezequiel, Esteban, Madiop, Marcos, Javi, Jose Ángel, Adan (Rubén m.77), Fran, Joseph, Josiño e Jose Antonio Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña). Amonestou a Jose e Aarón do Dumbría; Madiop, Jose Ángel do Atlético Riveira Goles: 1-0 m.3 Adrián; 2-0 m.16 Jose Ángel, en propia meta; 2-1 m.41 Javi; 3-1 m.58 Adrián; 3-2 m.60 Josiño; 4-2 m.77 Adrián, de penalti; 4-3 m.90 Josiño Rei do inverno O Dumbría certificou o honorífico título de campión de inverno, a costa dun Atlético Riveira que chegaba con dificultades de persoal, pero que atopou un modo de supervivencia nos atípicos erros defensivos do líder. A figura de Adrián resultou balsámica dentro do nerviosismo do equipo. Os tres goles e medio do fisterrán deixan o seu mes de decembro nunha figura parecida a un Santa Claus do gol, que reparte ilusión. Nada máis comezar, a exhibición estaba no aire: balón longo, control, regate e tiro raso á cepa do pau con rebote de gol. Para o segundo, con só un cuarto de hora de xogo, contou coa colaboración dun rival nun centro chut que seguramente non levase marchamo de gol. Pero o que parecía superioridade dumbriesa empezou a tornarse nun letargo que a piques estivo de ter penalización en puntos. Desapareceu a habitual solvencia defensiva e Javi, antes do intermedio, poñía sobre aviso. O Dumbría viviu de pegada nun segundo acto irregular, no que Adrián firmaría o terceiro e o cuarto, pero onde tamén había continua réplica dun Riveira que non chefou a festa do campión de inverno… por pouco. Villestro 0-0 Sporting Zas Nunca é sinxelo vencer en Outeiriño
Campo: Da Barrosa
Villestro: César, Brais, Josi, Álex (Diego m.68), Alberto, Martín, Álvaro (Ezequiel m.84), Andrés, Miguel (Dani m.65), Gonzalo e Hugo (Víctor m.53)
Sporting Zas: Tívoli, Brais, Pablo, Javi, Fabian, Josito, Anxo, Toño (Rubio m.65), Róber, Chapela e Nolo (Andrés m.50)
Árbitro: Losas Otero (Santiago). Amonestou a Diego do Villestro; Fabián, Anxo e Nolo do Sporting Zas
Mallou con Mallón
Parecía todo en contra para o Sporting Zas na súa visita a Villestro, onde sen embargo acadou un meritorio resultado. Oito baixas e seis xuvenís nunha lista inédita, con debut no banco dun Pablo Mallón que apenas tivo tempo de preparar nada. Sen embargo, os costeiros responderon con orgullo e casta nun campo onde custa e moito 'rascar' algo positivo. De feito, de ter acompañado algo máis a sorte os zascenses poderían ter sacado un botín incluso maior. Na primeira metade perdoaron Josito e Chapela, mentres que na reanudación o recuperado Rubio estrelaría un remate na madeira. Aínda que durante moitas fases os locais tentaron dominar, a súa opción máis clara non chegaría ata a reanudación, nun man a man de Miguel con Tívoli.
Silleda 1-2 Outes
Campo: Outeiriño
Silleda: Carballude, Espantoso (De la Fuente m.80), Nogueira, Fontao, Gustavo, Costoya (Vilas m.46), Sesto (Iglesias m.65), Rubén, Diego, Romeo e Ricardo
Outes: Xandre, Borja, Chúa, Maroñas, Cutu (Veleiro m.78), Pose (Elías m.82), Chía (Kim m.71), Martin, Mario (Álvaro m.80), Yago Dosil e Jura
Árbitro: Pérez Mindeguia (A Coruña). Amonestou a Nogueira, Romeo, Diego e De la Torre do Silleda; Chúa do Outes
Goles: 0-1 m.6 Mario; 1-1 m.40 Rubén; 1-2 m.90 Elías
Con tintes bíblicos
A man de Elías, nome tamén do hebreo pavillón do Maccabi de Tel Aviv, podería ser o título da épica vitoria do Outes en Silleda, que debe marcar un antes e un despois na traxectoria dos de Alfredo Cambeiro. Volve atisbarse o fío de luz ao final do túnel, un bo horizonte de traballo para o parón de Nadal. Os costeiros tiveron en Silleda o acerto que faltara en moitos encontros ata agora. Mario abriu moi cedo o marcador, no rexeite dunha vaselina que el mesmo estreara no pau. Acorde ao seu fútbol directo habitual, o Silleda tentou pechar aos outienses no seu campo con balóns longos, e nunha acción a balón parado antes do intermedio chegaría a igualada. Non houbo especulación por parte de ningún nunha segunda metade con moitas oportunidades nas dúas áreas, e na que o recén incorporado Elías firmaba un tanto quen sabe se salvador xa no tempo de prolongación.
Fisterra 2-0 Val do Ulla Campo: Ara Solis Fisterra: Norberto, Rubia, Fabián, Breixo, Robertín, Gabri (Álex m.74), Pablo Lestón (Adri m.90), Champi (Bruno m.60), Jesús (Tati m.81), Roco e Cote Val do Ulla: Rubén, Carlos, Martín, Alberto, Cristian, Porto (Nacho m.87), Matthew (Pintor m.63), Neira, Javi (Fariñas m.27), Álex López e Sebas (Óscar m.46) Árbitro: Gil Caldelas (A Coruña). Amonestou a Pablo Lestón e Cote do Fisterra; Carlos Cristian, Neira e Álex do Val do Ulla Goles: 1-0 m.10 Pablo Lestón; 2-0 m.90 Adri Calma chicha Paso adiante de suma importancia para un Fisterra que mete dous partidos de colchón sobre a zona de descenso á Liga da Costa. Os costeiros superaron a un rival directo, o Val do Ulla, que marcaba fronteira co perigo. Non é que o visitante a Ara Solis fose precisamente o máis osado e técnico do mundo, senón máis ben todo o contrario. Asumiron os de Nacho o control e manexo dun partido que comezou a poñerse a favor moi cedo, tras unha boa xogada de Jesús con cesión para Pablo Lestón. O corcubionés, en idilio co gol nas últimas semanas, atopou a colaboración do pau, que mandou o disparo para dentro da portería. Non variou en exceso o panorama, e o balón longo con búsqueda de segunda xogada seguía a ser a maior ameaza. Bruno, con máis espazos, atopou o filón e creou a acción do segundo tanto, que certificou Adri na línea de gol. Dumbría 4-3 Atlético Riveira Campo: O Conco Dumbría: Iván Bouzón, Jose, Raúl, David Carreira, Iago, Adrián, Charly (Cristian m.46), Manu Nogueira (Rivi m.46), Diego Cespón, Darío Capelo (Pablo Conde m.83) e Aarón Atlético Riveira: Ezequiel, Esteban, Madiop, Marcos, Javi, Jose Ángel, Adan (Rubén m.77), Fran, Joseph, Josiño e Jose Antonio Árbitro: Fraga Viñuelas (A Coruña). Amonestou a Jose e Aarón do Dumbría; Madiop, Jose Ángel do Atlético Riveira Goles: 1-0 m.3 Adrián; 2-0 m.16 Jose Ángel, en propia meta; 2-1 m.41 Javi; 3-1 m.58 Adrián; 3-2 m.60 Josiño; 4-2 m.77 Adrián, de penalti; 4-3 m.90 Josiño Rei do inverno O Dumbría certificou o honorífico título de campión de inverno, a costa dun Atlético Riveira que chegaba con dificultades de persoal, pero que atopou un modo de supervivencia nos atípicos erros defensivos do líder. A figura de Adrián resultou balsámica dentro do nerviosismo do equipo. Os tres goles e medio do fisterrán deixan o seu mes de decembro nunha figura parecida a un Santa Claus do gol, que reparte ilusión. Nada máis comezar, a exhibición estaba no aire: balón longo, control, regate e tiro raso á cepa do pau con rebote de gol. Para o segundo, con só un cuarto de hora de xogo, contou coa colaboración dun rival nun centro chut que seguramente non levase marchamo de gol. Pero o que parecía superioridade dumbriesa empezou a tornarse nun letargo que a piques estivo de ter penalización en puntos. Desapareceu a habitual solvencia defensiva e Javi, antes do intermedio, poñía sobre aviso. O Dumbría viviu de pegada nun segundo acto irregular, no que Adrián firmaría o terceiro e o cuarto, pero onde tamén había continua réplica dun Riveira que non chefou a festa do campión de inverno… por pouco. Villestro 0-0 Sporting Zas