Rafa Suárez, 9º adestrador cesado no fútbol costeiro

Rafa Suárez cesado no Soneira

Menuda epidemia esta primeira volta no Fútbol da Costa. Coa destitución de Rafa Suárez xa son 9 os adestradores que tiveron que deixar os seus equipos. Aos Dumbría, Baio, Xallas, Fisterra, Ponteceso, Baíñas, Lira e Cee, úneselles hoxe o Soneira, que vén decidir prescindir do adestrador xalleiro.

O cadro soneirán mantense nunca cómoda 9ª praza, con 21 puntos, a só 9 do líder. Pero ben é certo que só colleitou 4 dos últimso 18 puntos en xogo, polo que a directiva busca un xiro. Tamén é verdade que o equipo estaba tendo mala sorte nos momentos decisivos e varios dos últimos choques puideron caer do bando vimiancés.

Agora, Roland Caamaño e Pichón collen o equipo mentres a directiva vai mirando algún posible substituto (con título). Así mesmo, Roland e Pichón seguirán á fronte dos Xuvenís, e David continúa como delegado do primeiro equipo.

De momento non hai nomes sobre a mesa.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).