Rafa Suárez, 9º adestrador cesado no fútbol costeiro


Menuda epidemia esta primeira volta no Fútbol da Costa. Coa destitución de Rafa Suárez xa son 9 os adestradores que tiveron que deixar os seus equipos. Aos Dumbría, Baio, Xallas, Fisterra, Ponteceso, Baíñas, Lira e Cee, úneselles hoxe o Soneira, que vén decidir prescindir do adestrador xalleiro.
O cadro soneirán mantense nunca cómoda 9ª praza, con 21 puntos, a só 9 do líder. Pero ben é certo que só colleitou 4 dos últimso 18 puntos en xogo, polo que a directiva busca un xiro. Tamén é verdade que o equipo estaba tendo mala sorte nos momentos decisivos e varios dos últimos choques puideron caer do bando vimiancés.
Agora, Roland Caamaño e Pichón collen o equipo mentres a directiva vai mirando algún posible substituto (con título). Así mesmo, Roland e Pichón seguirán á fronte dos Xuvenís, e David continúa como delegado do primeiro equipo.
De momento non hai nomes sobre a mesa.
Novas relacionadas
- Dumbría e Baio súmanse ao baile de adestradores.
- 6 equipos xa cambiaron de adestrador no que vai de temporada.
Máis información
- Facebook “Fútbol da Costa”, toda a actualidade ao segundo do fútbol costeiro.
- www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).