Volvía o Soneira a competición trala súa xornada de descanso e acadaba un empate no Castro. Na 1ª, doble boa nova dos dous de sempre. O Cee mantén o liderato tras vencer con contundencia ao Vizoño, mentres que o Xallas sorprendía na Coruña ao Victoria e trae 3 puntos de volta para a Costa que o manteñen a 4 puntos do líder e a 1 do ascenso. O Dumbría caeu en Perlío, que lle tomada a medida aos equipos costeiros, e queda a 6 puntos do ascenso, aínda con moitas posibilidades de enganchar unha boa racha. E o Zas non conseguiu sacar nada positivo ante o Imperátor.
Na Liga da Costa, Ponteceso e Camariñas non perdoaron e aumentan a renda cos perseguidores. I é que o Club do Mar non conseguía vencer onte a un San Lorenzo que amosa a súa mellor cara contra os de arriba. Muros e Sofán si que gañaban ante Malpica e Fisterra e soben enteros.
A xornada tamén foi quente por abaixo. Se o Carnota caía ante o líder, o Porteño gañaba en Vimianzo e afunde ao pechacancelas. Ademais, o Buño só conseguía un empate ante un Baio cheo de baixas, e O Pindo caía ante o Dumbría B nun partido soso, polo que é probable que a terceira praza de descenso se reparta entre estes tres equipos. A Esteirana salvou tras vencer a un Corme que tiña moitas baixas e resaca do gran partido dos xuvenís do sábado.
E na xornada sabatina cómpre destacar dous encontros vitais. Na 3ª, o Corcubión conseguía volver a postos de ascenso tras uns meses de altibaixos, tras vencer no Cubaleiro ao Cerqueda nun partido vibrante. Ademais na 3ª vencían o Mazaricos e o Nantón nun derbi sempre trabado ante o Cabana. O Coristanco supera ao Cabana e mantén as esperanzas de que algún dos 4 de arriba tropece.
E na Liga Xuvenil Norte o Corme daba un paso determinante cara o título ao vencer ao potente Dumbría B a falta de 4 xornadas, na final anticipada. Os de Suso da Torriña e Genaro tiñeron que remontar apoiados polo ambientazo que había no Cairo, con máis de 300 siareiros, demostrando que o fútbol xuvenil ten moito que dixir.