mércores. 30.04.2025
El tiempo

Xuvenil Norte: Todos pendentes da gran final

Xuvenil Norte: Todos pendentes da gran final
Se o ano pasado O Cairo acolleu unha Final de Copa de verdadeiro infarto, esta vindeira fin de semana a vila de Corme prepárase para outra semellante. Pero parece que os ánimos están máis calmados nesta Liga Xuvenil Norte, e Dumbría B e Corme manteñen tan só unha rivalidade forte dentro do campo. Trátase dunha final adiantada. O que gañe probablemente será o campión da Liga e optará a participar na fase de ascenso á Liga Galega, se ben semella que ao Corme non lle prestaría tanto como aos dumbrieses, que afirman ter un equipo prantexado para o ano que vén estar na zona alta da Liga Galega. Así e todo, o título é premio suficiente para que se encha o Cairo. O Corme de Suso da Torriña e Genaro vai marcar seguro, pois é o equipo máis goleador e os seus homes de arriba xa están afeitos a marcar na Liga da Costa. Pero ollo con este Dumbría B de Nando, que sendo un equipo meramente ofensivo (ata 5 dianteiros xogan cada semana no 11 inicial) leva 7 partidos sen recibir un tanto, por 21 goles a favor. Ademais, o Corme é o mellor equipo en casa, e o Dumbría o mellor fóra. A clasificación marca 5 puntos de vantaxe para os dumbrieses, pero son ficticios, pois o Corme ten un encontro menos xa que o Dumbría descansa na última xornada. No encontro de ida o marcador final reflexou un 3-3, polo que as espadas quedan por todo alto e un empate deixaría aínda as cousas abertas. Quedan 4 xornadas, e un empate deixaría ao Dumbría con 2 puntos máis, peroun tropezón en forma de empate dos de Nando sería fatal xa que o Corme ten mellor golaverage xeral. Así que o sábado 22 de xaneiro, ás 16:00h, o Cairo vivirá unha xornada especial.

Zas - Corme (1-5)

  • Zas: Iván, Adri, Amado, Oli, Iago, Rony, Ramón, Jorge, Esteban, Isma, Víctor. Tamén xogaron: Capote, Quintáns, Kevin, Pastor.
  • Corme: Javi, Jesús, Pejo, Mauro, Joshua, Pandi, Martín, Lukas, Darío (Sergio, min.75), Juanma (Fran, min.85) e Alejo.
  • Goles: 1-0, min.15: Iago de penalti; 1-1, min.30: Alejo de falta; 1-2, min.50: Darío; 1-3: Lucas; 1-4: Alejo; 1-5: Martín.
Bo partido o disputado en San Andrés entre un Zas que prantou cara a un Corme que busca o título. Os zaenses ata se adiantaron ao cuarto de hora e tiveron durante toda a primeira metade aos de Suso da Torriña. Costoulles levantar aos cormeláns pero o potencial da dianteira do Corme é moito, e o gol á volta do descanso de Darío sentenciou o choque.

Dumbría B - Camariñas (1-0)

  • Dumbría B: David, Yeray, Andi (Joaquín, min.46), Rober, Tono (Jesús, min.46), Cote, Toja, Josiño, Duarte, Mario, Rodri.
  • Camariñas: Álvaro, Yon, Diango, Mariño, Ismael, José Carlos, Martín, Manuel, Tajes, Carlos, Iago.
  • Gol: 1-0, min.20: Yeray.
Partidazo dun Camariñas en cadro, que loitaron con todo o que puideron. Os heroes de Antelo chegaron con 11 xustos e dende o minuto 20 quedaron sen José Carlos por un mareo e con 10 guerrearon aguantando 70 minutos. Pola súa banda, os dumbrieses xa tiñan a cabeza no Cairo. Así e todo tiveron numerosas ocasións os de Nando, facendo porteiro camariñán Álvaro, o mellor do partido. Ao final o 1-0 foi un bo resultado para todos e ata os camariñáns quedaron contentos.

Bergantiños B - Coristanco (3-2)

  • Bergantiños B: Gabriel Martínez (Buguy, min.75), Martín (Estiven, min.85), David, Iván Calvo, Javi Varela, Pablo, Cebey, José Manuel, Miguel, Adrián Rama (Javi Martínez, min.55), Cristian (Antonio Patiño, min.55).
  • Coristanco: Gabriel, Juan, Cristian, Adrián, Pichel, Sergio, Pazos, Diego Couto, Gonzalo, Dani (Diego Trigo, min.80), Alejandro (Cristian Golpe, min.80).
  • Goles: 1-0, min.5: Cebey; 1-1, min.55: Adrián; 2-1, min.56: Miguel; 2-2, min.65: Diego Couto; 3-2, min.68: Javi Martínez.
  • Expulsado: os visitantes Adrián por doble cartón no min.89, e Rubén Reborido no min.62 dende o banco.
Espectacular ambiente no derbi disputado nas Eiroas ante máis de 250 afeccionados e con constantes alternativas. Empezou dominando o Bergantiños nos 20 primeiros minutos, froito diso adiantouse por medio dun golazo de falta de Cebey que se colou por toda a escadra. Aínda puido ir ó descanso cunha renta maior se Cristian (2) e Miguel aproveitaran sendas ocasións moi claras. Saíu máis esperto o Coristanco trala descanso a anotou o empate por medio de Pazos á saída dun córner. Pouco llesdurou a alegría porque anotou Miguel o 2ª para os locais tralo saque de centro. Pero os de Lorenzo non decaían e empataron novamente por medio de Diego Couto, de novo tras un saaue de curruncho. E de novo creciuse o Bergantiños e foi definitivamente a polo partido e dispuxo de varias ocasións para adiantarse ata que nunha bonita xogada combinativa chegou o gol de Javi que puxo o 3-2 definitivo.

Muxía - Ponteceso (5-2)

  • Muxía: Cristian, Martín, Fabián, Antonio, Fran Bello, Javi (Pereira, min.46), Julián, Carliños, Pesqui, Iván, Felipe.
  • Ponteceso: Guille (Anxo, min.66), Fabián, Ventura (Mendieta, min.75), Baneira (Diego cadete, min.55), César, Jonhi, Cotelo, Puente, Jorge (Kevin, min.80), Alberto, Brian (Diego xuv, min.65).
  • Goles: 1-0, min.10: Felipe de cabeza; 2-0, min.20: Iván; 3-0, min.30: Pesqui; 4-0,min.35: Carliños; 4-1, min.47: Jorge; 4-2, min.69: Diego xuv.; 5-2, min.80: Pereira.
  • Lesión: Baneira rompeu a clavícula, polo que estará toda a tempada fóra dos terreos de xogo.
Dous partidos distintos no mesmo. O primeiro tempo foi totalmente do Muxía e os cativos de Marco estiveron desaparecidos. Con 4-0 marcharon ao vestiario, pero tralo descanso o Ponteceso tivo 20 minutos fantásticos, e ata case se puxo 4-3 cunha acción de Alberto Valiña que non entrou por moi pouco. Pero Pereira sentenciou a falta de 20 minutos eo encontro rematou algo descafeinado. Descafeinado e triste pola lesión de Baneira, ao que dende aquí lle enviamos un forte ánimo xa que rompeu a clavícula e probalemente estará fóra dos terreos de xogo toda a tempada.

Baio - Malpica (3-0)

  • Baio: Poyo; Edgar, Cachopo, Maikel, Pardo, Rubio, Fachal, Manuel, (Pablo, min.63), Canario, Bieito, (Ángel, min.86), Martín, (Marcos, min.87).
  • Malpica: Víctor; Eloy, Jorge, (Guille, min.23), Pepis, Javier, Luísma, (Quintas, min.70), M. Maradona, Eme, Juny, M. Uruguaio, Camilo.
  • Goles: 1-0, m. 73: Cachopo rouba un balón no borde da área e marcaa por baixo. 2-0, m. 85: Fachal tras varios rexeites nun córner. 3-0, m. 87: Canario.
  • Lesión: o malpicán Jorge por recaída dun golpe nun nocello.
Aguantou o Malpica a primeira metade ante un Baio mellor posicionado e que o intentaba con máis intencións. Na segunda a dianteira baiesa xa fixo máis dano e Canario, xa un habitual co equipo da Liga da Costa, colábase e creaba perigo constamente. Así e todo o encontro non se decidiu ata que faltaban 20 minutos cando o primeiro gol de Cachopo, nun erro defensivo, abríu a lata. Fachal e Canario completaron o encontro.

Máis información

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios