Resultados da fin de semana no fútbol costeiro

Unha vez que xa ollamos as crónicas da Copa en www.copadacosta.com, con especial interese na crónica da ida final xuvenil entre Corme e Soneira, pasamos a analizar a xornada de Liga no fútbol da Costa.

E comezamos por arriba, onde o Soneira traenos, por unha vez, unha mala nova. Os de Manolito caeron ante o Flavia nun encontro sen demasiada historia.

A xornada na 1ª Autonómica si que foi apaixoante. Ao Xallas fáltalle tan só un punto para ascender (ten o golaverage en contra co Unión), despois de gañar ao Eume, e dar toda unha alegría á Costa. Non foi o Cee tan "amigo" como esperabamos e sacoulle 2 puntos ao Dumbría na súa loita polo ascenso, polo que os de Canosa quedan 3º empatados co Olímpico. Con todo, agardan que unha vitoria a semana que vén ante o Cambre sexa suficiente para o ascenso.

Na Liga da Costa, o máís salientable estaba por abaixo. O Porteño queda descendido tras caer en Muros e tralas vitorias de Baio e Carnota. Así, o Baio safa completamente de problemas tralo seu 1-4 ante un Dumbría B canso pola Copa. O Carnota será o que anime ao Camariñas a conseguir un ascenso que valería ademais, unha permanencia.

Título en cadetes

E tamén estaba a atención posta na Penúltima xornada na 2ª Cadetes. O Cabana e o Dumbría enfrontábanse tras demostrar que son dous equipos de outra categoría. Tras 26 partidos o Dumbría estaba imbatido e o Cabana só caera ante os propios dumbrieses, e onte xogábanse todo polo todo.

O Cabana venceu 1-0, resultado insuficiente para darlle a volta á táboa pois o Dumbría ten moitos máis goles a favor. E iso que os locais foron a por todas, peo a expulsión do capitán Pablo, que ademais marcara o gol, freou unha goleada maior.

Así o título queda nas mans do Dumbría, pero o Cabana demostrou ter un equipo tan competitivo como os dumbrieses. De tódolos xeitos, os dous equipos xogarán a fase de ascenso.

Preferente, xornada 39

Soneira 1-2Flavia

1ª Autonómica, xornada 33

Cee 1-1 Dumbría
Zas 1-9Perlío
Eume 1-2 Xallas

2ª Autonómica, xornada 33

Dumbría B 1-4 Baio
Sofán 6-0 Vimianzo
Muros 5-2 Porteño
Carnota 5-2Fisterra
Camariñas 3-1 Esteirana
Castriz 4-3Malpica
Ponteceso 3-1 San Lorenzo
Corme 1-2 Buño
Club do Mar 3-0 O Pindo

Copa Xuvenil, Final

1-3Soneira - Corme 07/05 18:30h

Copa de Veteranos, Volta dos Oitavos

2ª Cadete, xornada 29

Outes 0-1 Corme
Baio 3-1 Bergantiños B
Coristanco - Fisterra
Cabana 1-0 Dumbría
Muros 0-4 Esteirana
Cee 5-0 Con. de Carnota
Ponteceso 4-2 Malpica

2ª Infantil

Con. de Carnota 4-1 Muxía
Zas 0-21 Dumbría
Bergantiños B 0-3 Esteirana
Cabana 5-4 Baio
Outes 1-2 Santa Comba
Os Miudos --Coristanco
Cee 4-2 E.M.F. Vimianzo

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).