Resultados da fin de semana no fútbol costeiro


Unha vez que xa ollamos as crónicas da Copa en www.copadacosta.com, con especial interese na crónica da ida final xuvenil entre Corme e Soneira, pasamos a analizar a xornada de Liga no fútbol da Costa.
E comezamos por arriba, onde o Soneira traenos, por unha vez, unha mala nova. Os de Manolito caeron ante o Flavia nun encontro sen demasiada historia.
A xornada na 1ª Autonómica si que foi apaixoante. Ao Xallas fáltalle tan só un punto para ascender (ten o golaverage en contra co Unión), despois de gañar ao Eume, e dar toda unha alegría á Costa. Non foi o Cee tan "amigo" como esperabamos e sacoulle 2 puntos ao Dumbría na súa loita polo ascenso, polo que os de Canosa quedan 3º empatados co Olímpico. Con todo, agardan que unha vitoria a semana que vén ante o Cambre sexa suficiente para o ascenso.
Na Liga da Costa, o máís salientable estaba por abaixo. O Porteño queda descendido tras caer en Muros e tralas vitorias de Baio e Carnota. Así, o Baio safa completamente de problemas tralo seu 1-4 ante un Dumbría B canso pola Copa. O Carnota será o que anime ao Camariñas a conseguir un ascenso que valería ademais, unha permanencia.
Título en cadetes
E tamén estaba a atención posta na Penúltima xornada na 2ª Cadetes. O Cabana e o Dumbría enfrontábanse tras demostrar que son dous equipos de outra categoría. Tras 26 partidos o Dumbría estaba imbatido e o Cabana só caera ante os propios dumbrieses, e onte xogábanse todo polo todo.
O Cabana venceu 1-0, resultado insuficiente para darlle a volta á táboa pois o Dumbría ten moitos máis goles a favor. E iso que os locais foron a por todas, peo a expulsión do capitán Pablo, que ademais marcara o gol, freou unha goleada maior.
Así o título queda nas mans do Dumbría, pero o Cabana demostrou ter un equipo tan competitivo como os dumbrieses. De tódolos xeitos, os dous equipos xogarán a fase de ascenso.
Preferente, xornada 39
Soneira | 1-2 | Flavia |
1ª Autonómica, xornada 33
Cee | 1-1 | Dumbría |
Zas | 1-9 | Perlío |
Eume | 1-2 | Xallas |
2ª Autonómica, xornada 33
Dumbría B | 1-4 | Baio |
Sofán | 6-0 | Vimianzo |
Muros | 5-2 | Porteño |
Carnota | 5-2 | Fisterra |
Camariñas | 3-1 | Esteirana |
Castriz | 4-3 | Malpica |
Ponteceso | 3-1 | San Lorenzo |
Corme | 1-2 | Buño |
Club do Mar | 3-0 | O Pindo |
Copa Xuvenil, Final
1-3 | Soneira - Corme | 07/05 18:30h |
Copa de Veteranos, Volta dos Oitavos

2ª Cadete, xornada 29
Outes | 0-1 | Corme |
Baio | 3-1 | Bergantiños B |
Coristanco | - | Fisterra |
Cabana | 1-0 | Dumbría |
Muros | 0-4 | Esteirana |
Cee | 5-0 | Con. de Carnota |
Ponteceso | 4-2 | Malpica |
2ª Infantil
Con. de Carnota | 4-1 | Muxía |
Zas | 0-21 | Dumbría |
Bergantiños B | 0-3 | Esteirana |
Cabana | 5-4 | Baio |
Outes | 1-2 | Santa Comba |
Os Miudos | -- | Coristanco |
Cee | 4-2 | E.M.F. Vimianzo |
Máis información

- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Copa da Costa: www.copadacosta.com.
- QPC MOTOR: quepasanacosta.gal/motor.
- www.facebook.com/quepasanacosta.
- Tuenti de Quepasanacosta.
Fonte
- Redacción de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).