Nova xornada completa do fútbol costeiro. Malia que o Soneira non traía nada positivo de Dorneda, a xornada na 1ª Autonómica foi bastante positiva. Positiva para todos agás para o Zas, que caeu no derbi ante o Dumbría e segue afogando. O Cee xa gaña tamén con oficio e o Xallas sorprendía e vencía por 0-4, con goles nos momentos claves a todo un líder.
A xornada da Liga da Costa foi curiosa. O Fisterra caía o sábado na casa ante o San Lorenzo, e O Muros tamén sorprendía ao Sofán nas Eiroas ante un auténtico augacero. Estes tropezos foron aproveitados polo Camariñas, que vencía a un Buño que leva 5 xornadas sen gañar; e o Ponteceso, que non tivo piedade do Pindo. O que non aproveitou foi o Club do Mar que caeu ante o filial dumbriés.
Por abaixo, a vitoria do Carnota en Vimianzo é a nota máis significativa, quedando ambos equipos na cola da tàboa con 6 puntos. Tamén caeron Porteño, O Pindo, Buño e Esteirana, mentres que o Corme non pasou do empate ante o Baio, malia ter merecido algo máis.
Na 3ª, mala xornada para os de arriba. Tan só o Nantón e o Cerqueda sumaron os 3 puntos, xa que o Mazaricos sucumbiu en Coristanco e o Corcubión non pasou do empate ante o Xaviña. Así, Coristanco e Cabana quedan algo máis cerca dos postos de ascenso.
Pola súa banda os xuvenís seguen igual. Polo sur, Soneira e Santa Comba non ceden, mentres que polo norte, parece que o Zas baixa un pouco e non pasou do empate no derbi co Baio. O Corme si que aproveitou que o Dumbría B descansaba e se pon a tan só 2 puntos tras completarse a primeira volta.