mércores. 14.05.2025
El tiempo

Resultados da fin de semana no fútbol da Costa

Resultados da fin de semana no fútbol da Costa
Nova xornada completa do fútbol costeiro. Malia que o Soneira non traía nada positivo de Dorneda, a xornada na 1ª Autonómica foi bastante positiva. Positiva para todos agás para o Zas, que caeu no derbi ante o Dumbría e segue afogando. O Cee xa gaña tamén con oficio e o Xallas sorprendía e vencía por 0-4, con goles nos momentos claves a todo un líder. A xornada da Liga da Costa foi curiosa. O Fisterra caía o sábado na casa ante o San Lorenzo, e O Muros tamén sorprendía ao Sofán nas Eiroas ante un auténtico augacero. Estes tropezos foron aproveitados polo Camariñas, que vencía a un Buño que leva 5 xornadas sen gañar; e o Ponteceso, que non tivo piedade do Pindo. O que non aproveitou foi o Club do Mar que caeu ante o filial dumbriés. Por abaixo, a vitoria do Carnota en Vimianzo é a nota máis significativa, quedando ambos equipos na cola da tàboa con 6 puntos. Tamén caeron Porteño, O Pindo, Buño e Esteirana, mentres que o Corme non pasou do empate ante o Baio, malia ter merecido algo máis. Na 3ª, mala xornada para os de arriba. Tan só o Nantón e o Cerqueda sumaron os 3 puntos, xa que o Mazaricos sucumbiu en Coristanco e o Corcubión non pasou do empate ante o Xaviña. Así, Coristanco e Cabana quedan algo máis cerca dos postos de ascenso. Pola súa banda os xuvenís seguen igual. Polo sur, Soneira e Santa Comba non ceden, mentres que polo norte, parece que o Zas baixa un pouco e non pasou do empate no derbi co Baio. O Corme si que aproveitou que o Dumbría B descansaba e se pon a tan só 2 puntos tras completarse a primeira volta.

Preferente Norte, xornada 14

Dorneda 1-0 Soneira

1ª Autonómica, xornada 12

Zas 1-4 Dumbría
Cee 2-1 Unión
Imperator 0-4 Xallas

2ª Autonómica, xornada 12

Fisterra 3-4 San Lorenzo
Sofán 2-3 Muros
Corme 1-1 Baio
Dumbría B 4-3 Club do Mar
Vimianzo 2-4 Carnota
Buño 0-4 Camariñas
Porteño 1-2 Castriz
O Pindo 0-4 Ponteceso
Esteirana 2-3 Malpica

3ª Autonómica, xornada 12

Indep. Carballo 0-3 Atl. Pereiriña
Xaviña 1-1 Corcubión
Cabana 0-3 Cerqueda
Corcoesto 2-1 Lira
Coristanco 3-2 Mazaricos
Nantón 6-0 Alcaián
Muxía 1-1 Laxe
Muros B 1-0 Outes

Liga Nacional Xuvenil, xornada 11

Bergantiños 3-0 Colegio Hogar

Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 7

Corcubión 2-2 Fisterra
Esteirana 0-8 Soneira
Mazaricos 2-1 Cee
Dumbría 0-9 Muros
Santa Comba 4-0 Outes

Liga Xuvenil Norte, Gr.4, xornada 11

Coristanco 1-4 Corme
Cabana 5-2 Ponteceso
Malpica 2-1 Camariñas
Baio 3-3 Zas
Bergantiños B 5-0 Muxía

Liga Galega Cadete, xornada 11

Lalín 3-0 Santa Comba
Conxo B 2-2 Bergantiños

2ª Cadete, xornada 9

Outes 0-3 Cabana
Muros 2-1 Coristanco
Soneira 1-1 Baio
Ponteceso 6-2 Fisterra
Cee 0-4 Dumbría
Con. de Carnota 2-2 Corme
Malpica 1-3 Esteirana

2ª infantil, xornada 5

Outes 0-3 Cabana
Os Miudos 4-3 Bergantiños B
Cee 15-0 Zas
E.M.F. Vimianzo 4-1 Con. de Carnota
Coristanco - Dumbría
Santa Comba 7-1 Esteirana
Muxía 2-8 Baio

Ligas de Veteranos, xornada 10

1ª División

Zas 2-2 Bértoa
Corcubión Vet. 2-2 Nantón
Ponteceso 1 - 1 Vimianzo
Cabana 1- 0 San Román
Xv. Bergantiños 4 - 1 At. Milagrosa
Baio 1 -1 Bergantiños
Camariñas 2 -1 Castriz

2ª División

Cerqueda 3 -1 Sofán
San Lorenzo 3- 0 Dep. Carballo
Club do Mar 4-6 Porteño
Corme 3-0 Agualada
Corcoesto 2-0 Buño
Leiloio 0-3 Coristanco
Muros 8-0 Malpica

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
  • Fotografía do Muxía –Laxe de Luis Alberto Sambad.

Comentarios