Semana convulsa nas Ligas da Costa con resultados abultados e moitos expulsados.
E por certo, xa están listas as táboas de Resultados e clasificacións, que ao estarmos estes días de mudanza tivemos algún pequeno problema cos servidores.
O Soneira venceu e abre unha fenda co grupo de abaixo.
Na 1ª Autonómica o derbi entre Dumbría e Xallas decantouse para os locais un encontro moi tenso. O Zas conseguía a vitoria noutro partido quente, que ata estivo parado un rato xa que un xogador visitante tivo que saír en ambulancia. E máis, se cadra, tivo o encontro do Cee na Coruña, cun 4-4 que dá conta da tolemia da xornada.
Houbo de todo tamén na Liga da Costa. O Ponteceso-Fisterra, que se prevía como o partido da semana, quedou algo soso. Pola contra no Corme-Sofán houbo de todo e rematou con 8 goles e 5 expulsados. Tamén houbo tangana en Carnota onde o colexiado suspendeu o partido ante o Buño a falta de 10 minutos e pediu a Garda Civil.
Xa en encontros máis tranquilos, o líder non fallou no derbi; o Castriz superou con relativa comodidade ao Pindo, igual que o Muros co filial dumbriés.
A xornada na 3ª tamén foi interesante. O Mazaricos segue sen pisar o freo, mentres que o Nantón tivo que parar en Corcubión. Sorprende a derrota do Cerqueda ante o Independiente, pero demostra a igualdade da categoría. O Cabana segue aí tras vencer ao Laxe e o Lira cae tras perder ante o Outes.
Tamén houbo xornada intensa en xuvenís. Sobre todo polo sur onde Santa Comba e Soneira medían as súas forzas. Nun encontro moi vibrante e igualado, os locais superaron aos soneiráns e xa o pasan na táboa.
E apuntamos tamén o intenso da xornada de Veteranos, que tiña un encontro clave. O San Román non permitiu que o Xuv. Bergantiños escapase no alto da 1ª División.
Por certo, esta semana ampliaremos o noso seguimento ata a Liga de Fútbol Sala de Cee e ás Ligas Escolares de Fútbol Base LCF.
Preferente Norte, xornada 15
Soneira
1-0
Betanzos
1ª Autonómica, xornada 13
Zas
1-0
Sada
Víctoria
4-4
Cee
Dumbría
3-1
Xallas
2ª Autonómica, xornada 13
Club do Mar
3-0
Vimianzo
Corme
4-4
Sofán
Muros
4-0
Dumbría B
Carnota
0-1*
Buño
Ponteceso
0-0
Fisterra
San Lorenzo
1-1
Esteirana
Baio
0-0
Malpica
Camariñas
4-0
Porteño
Castriz
2-0
O Pindo
* O Carnota-Buño suspendeuse co 0-1 a falta de 10 minutos.