![Dumbría - Xallas - Foto: Marcos Rodríguez]()
Semana convulsa nas Ligas da Costa con resultados abultados e moitos expulsados.
E por certo, xa están listas as táboas de
Resultados e clasificacións, que ao estarmos estes días de mudanza tivemos algún pequeno problema cos servidores.
O
Soneira venceu e abre unha fenda co grupo de abaixo.
Na
1ª Autonómica o derbi entre
Dumbría e Xallas decantouse para os locais un encontro moi tenso. O
Zas conseguía a vitoria noutro partido quente, que ata estivo parado un rato xa que un xogador visitante tivo que saír en ambulancia. E máis, se cadra, tivo o encontro do
Cee na Coruña, cun 4-4 que dá conta da tolemia da xornada.
Houbo de todo tamén na
Liga da Costa. O Ponteceso-Fisterra, que se prevía como o partido da semana, quedou algo soso. Pola contra n
o Corme-Sofán houbo de todo e rematou con 8 goles e 5 expulsados.
Tamén houbo tangana en Carnota onde o colexiado suspendeu o partido ante o Buño a falta de 10 minutos e pediu a Garda Civil.
Xa en encontros máis tranquilos, o
líder non fallou no derbi; o
Castriz superou con relativa comodidade ao Pindo, igual que o
Muros co filial dumbriés.
A xornada na
3ª tamén foi interesante. O
Mazaricos segue sen pisar o freo, mentres que o
Nantón tivo que parar en
Corcubión. Sorprende a derrota do
Cerqueda ante o
Independiente, pero demostra a igualdade da categoría. O Cabana segue aí tras vencer ao Laxe e o Lira cae tras perder ante o Outes.
Tamén houbo xornada intensa en
xuvenís. Sobre todo polo sur onde
Santa Comba e Soneira medían as súas forzas. Nun encontro moi vibrante e igualado, os locais superaron aos soneiráns e xa o pasan na táboa.
E apuntamos tamén o intenso da xornada de
Veteranos, que tiña un encontro clave. O San Román non permitiu que o Xuv. Bergantiños escapase no alto da 1ª División.
Por certo, esta semana
ampliaremos o noso seguimento ata a Liga de Fútbol Sala de Cee e ás Ligas Escolares de Fútbol Base LCF.
Preferente Norte, xornada 15
1ª Autonómica, xornada 13
| Zas |
1-0 |
Sada |
| Víctoria |
4-4 |
Cee |
| Dumbría |
3-1 |
Xallas |
2ª Autonómica, xornada 13
| Club do Mar |
3-0 |
Vimianzo |
| Corme |
4-4 |
Sofán |
| Muros |
4-0 |
Dumbría B |
| Carnota |
0-1* |
Buño |
| Ponteceso |
0-0 |
Fisterra |
| San Lorenzo |
1-1 |
Esteirana |
| Baio |
0-0 |
Malpica |
| Camariñas |
4-0 |
Porteño |
| Castriz |
2-0 |
O Pindo |
* O Carnota-Buño suspendeuse co 0-1 a falta de 10 minutos.
3ª Autonómica, xornada 13
| Laxe |
0-1 |
Cabana |
| Corcubión |
1-1 |
Nantón |
| Lira |
0-1 |
Outes |
| Corcoesto |
2-1 |
Coristanco |
| Mazaricos |
4-0 |
Xaviña |
| Alcaián |
1-1 |
Muxía |
| Cerqueda |
1-2 |
Indep. Carballo |
| Atl. Pereiriña |
2-2 |
Muros B |
Liga Nacional Xuvenil, xornada 12
| Val Miñor |
2-1 |
Bergantiños |
Liga Xuvenil Sur, Gr.3, xornada 8
| Outes |
4-2 |
Dumbría |
| Santa Comba |
3-1 |
Soneira |
| Cee |
12-3 |
Esteirana |
| Muros |
2-1 |
Corcubión |
| Fisterra |
1-0 |
Mazaricos |
Liga Xuvenil Sur, Gr.4, xornada 12
| Cabana |
2-3 |
Muxía |
| Coristanco |
2-0 |
Ponteceso |
| Malpica |
1-3 |
Corme |
| Baio |
0-4 |
Dumbría B |
| Bergantiños B |
1-1 |
Zas |
Liga Galega Cadete, xornada 11
| Bergantiños |
6-1 |
Victoria B |
| Campus Stelae |
5-0 |
Santa Comba |
Segunda cadete, xornada 10
| Coristanco |
1-7 |
Outes |
| Baio |
5-0 |
Muros |
| Fisterra |
2-4 |
Soneira |
| Dumbría |
5-0 |
Ponteceso |
| Corme |
1-0 |
Cee |
| Esteirana |
6-5 |
Con. de Carnota |
| Cabana |
3-0 |
Bergantiños B |
Segunda infantil, xornada 6
| Cabana |
9-0 |
Muxía |
| Bergantiños B |
6-1 |
Outes |
| Zas |
1-3 |
E.D. Os Miudos |
| Con. de Carnota |
5-1 |
Cee |
| Dumbría |
4-0 |
E.M.F. Vimianzo |
| Esteirana |
6-2 |
Coristanco |
| Baio |
1-12 |
Santa Comba |
Ligas de Veteranos
1ª División
| Bértoa |
0-5 |
Corcubión Vet. |
| Nantón |
2-2 |
Ponteceso |
| Vimianzo |
4-3 |
Cabana |
| San Román |
2-1 |
Xv. Bergantiños |
| At. Milagrosa |
1-1 |
Baio |
| Camariñas |
0-5 |
Bergantiños |
| Castriz |
0-0 |
Zas |
2ª División
| Cerqueda |
1-1 |
San Lorenzo |
| Porteño |
2-1 |
Malpica |
| Club do Mar |
0-5 |
Corme |
| Agualada |
5-1 |
Corcoesto |
| Coristanco |
2-5 |
Buño |
| Sofán |
0-0 |
Leiloio |
| Dep. Carballo |
0-2 |
Muros |
Máis información
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Fotografía do Dumbría-Xallas de Marcos Rodríguez.