Completa sesión de fútbol costeiro coa Liga Cadete xa en marcha e todo. Comezamos o repaso por arriba e dando nota das boas novas na Preferente. I é que o Soneira segue dando alegrías a toda a Costa da Morte e venceu e convenceu na casa ante o Outeiro.
Na 1ª Autonómica a xornada estivo marcada polo derbi en Zas, onde o conxunto local conseguíu ante o Xallas a súa primeira e importante vitoria da campaña. O Cee non pasou do empate ante o Olímpico (na foto) mentres que o Dumbría sufríu unha severa derrota en Lamela.
E sorpresa tras sorpresa na Liga da Costa. Perderon Camariñas e Sofán na casa ante Baio e Esteirana, demostrando que aquí calquera fai un fillo. Aprovéitase destas derrotas o Fisterra, que volveu vencer, e convence cada día máis, en Dumbría. Ademais o sábado o Club do Mar demostrou ante o Ponteceso que este ano conta. Mentres, por abaixo, o Buño gañou un encontro da zona baixa, ante un Porteño algo baixo. O Pindo non se presentaba onte en Vimianzo por falta de efectivos na xornada do sábado. I é que o clube carnotán non estaba dacordo con adiantar o encontro. Iso si, a directiva achegouse polo Municipal a asinar a acta, e aseguran que .
Na 3ª cómpre destacar a primeira vitoria do Laxe (na foto de abaixo). Foi o Lira o que sufríu o potencial dos debutantes na categoría. Pola parte alta, firme segue o Nantón que puido co Muxía. O Cerqueda suma e segue e xa se mete arriba, igual que o mazaricos que sufriu ante un Outes que baixa postos. O Corcubión non pasou do empate ante o Pereiriña, e o Cabana asómase por arriba.
En xuvenís, se o Corme descansaba esta semana, Zas e Dumbría B non fallaron.
Preferente Norte, xornada 5
Soneira
2-1
Outeiro de Rei
1ª Autonómica, xornada 4
Lamela
4-2
Dumbría
Zas
2-1
Xallas
Cee
0-0
Olímpico
2ª Autonómica, xornada 4
Vimianzo
Susp.
O Pindo*
Club do Mar
2-0
Ponteceso
Camariñas
1-2
Baio
Carnota
0-1
Castriz
Muros
2-2
San Lorenzo
Sofán
2-4
Esteirana
Dumbría B
0-2
Fisterra
Buño
1-0
Porteño
Corme
1-1
Malpica
O Pindo non se presentou por non estar dacordo con adiantar o encontro ao sábado. Así e todo, os seus directivos achegáronse a Vimianzo a asinar a acta.
Redacción de Deportes de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).