mércores. 30.04.2025
El tiempo

Resultados do fútbol da Costa da última fin de semana de setembro

Resultados do fútbol da Costa da última fin de semana de setembro
Completa sesión de fútbol costeiro coa Liga Cadete xa en marcha e todo. Comezamos o repaso por arriba e dando nota das boas novas na Preferente. I é que o Soneira segue dando alegrías a toda a Costa da Morte e venceu e convenceu na casa ante o Outeiro. Na 1ª Autonómica a xornada estivo marcada polo derbi en Zas, onde o conxunto local conseguíu ante o Xallas a súa primeira e importante vitoria da campaña. O Cee non pasou do empate ante o Olímpico (na foto) mentres que o Dumbría sufríu unha severa derrota en Lamela. E sorpresa tras sorpresa na Liga da Costa. Perderon Camariñas e Sofán na casa ante Baio e Esteirana, demostrando que aquí calquera fai un fillo. Aprovéitase destas derrotas o Fisterra, que volveu vencer, e convence cada día máis, en Dumbría. Ademais o sábado o Club do Mar demostrou ante o Ponteceso que este ano conta. Mentres, por abaixo, o Buño gañou un encontro da zona baixa, ante un Porteño algo baixo. O Pindo non se presentaba onte en Vimianzo por falta de efectivos na xornada do sábado. I é que o clube carnotán non estaba dacordo con adiantar o encontro. Iso si, a directiva achegouse polo Municipal a asinar a acta, e aseguran que . Na cómpre destacar a primeira vitoria do Laxe (na foto de abaixo). Foi o Lira o que sufríu o potencial dos debutantes na categoría. Pola parte alta, firme segue o Nantón que puido co Muxía. O Cerqueda suma e segue e xa se mete arriba, igual que o mazaricos que sufriu ante un Outes que baixa postos. O Corcubión non pasou do empate ante o Pereiriña, e o Cabana asómase por arriba. En xuvenís, se o Corme descansaba esta semana, Zas e Dumbría B non fallaron. Image

Preferente Norte, xornada 5

Soneira 2-1 Outeiro de Rei

1ª Autonómica, xornada 4

Lamela 4-2 Dumbría
Zas 2-1 Xallas
Cee 0-0 Olímpico

2ª Autonómica, xornada 4

Vimianzo Susp. O Pindo*
Club do Mar 2-0 Ponteceso
Camariñas 1-2 Baio
Carnota 0-1 Castriz
Muros 2-2 San Lorenzo
Sofán 2-4 Esteirana
Dumbría B 0-2 Fisterra
Buño 1-0 Porteño
Corme 1-1 Malpica
O Pindo non se presentou por non estar dacordo con adiantar o encontro ao sábado. Así e todo, os seus directivos achegáronse a Vimianzo a asinar a acta.

3ª Autonómica, xornada 4

Corcubión 1-1 Atl. Pereiriña
Laxe 4-0 Lira
Xaviña 0-1 Cabana
Alcaián 0-1 Cerqueda
Mazaricos 1-0 Outes
Corcoesto 1-2 Muros B
Coristanco 2-0 Indep. Carballo
Nantón 2-0 Muxía

Liga Nacional Xuvenil, xornada 3

Celta B 7-0 Bergantiños

Liga Xuvenil Norte, xornada 3

Ponteceso 4-4 Camariñas
Dumbría B 4-0 Cabana
Zas 2-1 Coristanco
Muxía 1-2 Malpica
Baio 1-1 Bergantiños B

Liga Galega Cadete, xornada 2

Betanzos 1-3 Santa Comba
Bergantiños 2-1 Rayo Sadense

2ª Cadete, xornada 1

Cee 2-2 Ponteceso
Concello de Carnota 2-0 Soneira
Esteirana 1-7 Cabana
Dumbría 2-0 Baio
Malpica 3-1 Muros
Corme 9-1 Coristanco
Bergantiños B 7-1 Fisterra
Outes - descansa

Ligas de Veteranos, xornada 2

1ª División

Zas 3-1 At. Milagrosa
San Román 0-0 Bergantiños
Castriz 4-2 Vimianzo
Nantón 4-2 Camariñas
Baio 5-2 Bértoa
Corcubión Vet. 0-2 Xv. Bergantiños
Ponteceso 1-3 Cabana

2ª División

Augalada 2-3 Sofán
Club do Mar 0-1 Buño
Malpica 4-1 Leiloio
Dep. Carballo 1-5 Coristanco
U.D. Cerqueda 1-5 Corcoesto
San Lorenzo 5-2 Corme
Muros Porteño

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ( info@quepasanacosta.galEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).
  • Fotografía do Cee-Olímpico de Marcos Rodríguez.

Comentarios