Rematou xa a primeira xornada do fútbol da Costa ao completo. Xa vimos como comezaba a Preferente a pasada semana e esta fin de semana foi a quenda tamén para o resto de categorías. O fútbol da Costa volve a ser protagonista e iremos recollendo dende QPC todos os datos en www.futboldacosta.com.
Preferente
E comezamos o repaso á xornada pola Preferente. I é que os nosos non colleitaron resultados negativos. O Dumbría acadou a primeira victoria do curso despois da abultada derrota da pasada xornada. Desta vez impúxose ao Bertamiráns no Conco por un tanto a cero. Soneira e Xallas empataron nos seus respectivos choques fronte ao Lemos e ao Boiro. Os vimianceses tiveron cita na casa, namentres que os xalleiros achégaronse ata terras do Barbanza. Aínda é cedo, pero Soneira e Xallas continúan co seu rexistro de derrotas a cero, logo de dúas xornadas de campionato.
1ª Autonómica
Comezou a tempada na 1ª Autonómica. Este ano, a categoría ten un certo aire santiagués. Pero centrándonos nos nosos, que esta tempada son catro, comezamos botando unha ollada co Ponteceso. Os da vila de Pondal enfrontáronse a uns vellos coñecidos, como o Unión. Os pontecesáns quedaron sen puntuar na visita dos unionistas cun resultado de dous a tres. O Camariñas comezaba en Noia, unha dura visita e que se saldou cunha derrota dos palilleiros por un tanto a cero. Trepidante visita de Fisterra ao Puebla. Nove goles en noventa minutos que decantaron a victoria para os locais. Ao final, os fisterráns perderon por cinco goles a catro. E boa estrea para o Malpica, que venceu na casa por dous a un ao Amio na casa.
2ª Autonómica
Derbi no concello de Zas para comezar a tempada na 2ª Autonómica. O Zas levouse claramente o partido cun resultado de tres a cero. Bo resultado para Mario pero non para Félix. Ambos adestradores estreábanse hoxe nos seus respectivos banquiños. Cee e Corme viñan con moitas gañas. Os da vila da Xunqueira cumpriron na súa visita á Serra de Outes. Os do Roncudo perderon na casa fronte á Esteirana. Os de Couso levaron ao Mazaricos ao bo camiño do triunfo, ante un Manolo Lago no Muros. O choque entre Pazos no Castriz e Manolín no Corcubión saldouse con victoria para o veterán Manolín. Venceron claramente por cero goles a catro. O Sofán - Dumbría B rematou con victoria dos carballeses. O Carnota de Cambeiro asinou as táboas ante o San Lorenzo. O Volantes comezou a súa primeira campaña na 2ª goleando ao Buño. A volta de Monte Louro e Cabana á Liga da Costa chegou cun triunfo para os muradáns.3ª Autonómica
E a 3ª comezou coas mesmas gañas de Cerqueda, Porteño e Coristanco para manterse na zona alta da táboa. Os tres golearon. O Muxía de Papi e o Baíñas de Pato comezaron con sendas derrotas. O Laxe gañou fronte ao Camelle. E o Xaviña foi derrotado ante o Independiente. O Alcaián perdeu fronte ao Lira.