![SONEIRA - LEMOS 2012]()
Rematou xa a primeira xornada do
fútbol da Costa ao completo. Xa vimos como comezaba
a Preferente a pasada semana e esta fin de semana foi a quenda tamén para o resto de categorías. O fútbol da Costa volve a ser protagonista e iremos recollendo dende QPC todos os datos en
www.futboldacosta.com.
Preferente
E comezamos o repaso á xornada pola Preferente. I é que os nosos non colleitaron resultados negativos. O
Dumbría acadou a
primeira victoria do curso despois da abultada derrota da pasada xornada. Desta vez impúxose ao Bertamiráns no Conco por un tanto a cero.
Soneira e Xallas empataron nos seus respectivos choques fronte ao Lemos e ao Boiro. Os vimianceses tiveron cita na casa, namentres que os xalleiros achégaronse ata terras do Barbanza. Aínda é cedo, pero Soneira e Xallas continúan co seu rexistro de derrotas a cero, logo de dúas xornadas de campionato.
1ª Autonómica
Comezou a tempada na 1ª Autonómica. Este ano, a categoría ten un certo aire santiagués. Pero centrándonos nos nosos, que esta tempada son catro, comezamos botando unha ollada co Ponteceso. Os da vila de Pondal enfrontáronse a uns vellos coñecidos, como o Unión.
Os pontecesáns quedaron sen puntuar na visita dos unionistas cun resultado de dous a tres. O Camariñas comezaba en Noia, unha dura visita e que se saldou cunha
derrota dos palilleiros por un tanto a cero.
Trepidante visita de Fisterra ao Puebla. Nove goles en noventa minutos que decantaron a victoria para os locais. Ao final, os fisterráns perderon por cinco goles a catro. E
boa estrea para o Malpica, que venceu na casa por dous a un ao Amio na casa.
2ª Autonómica
Derbi no concello de Zas para comezar a tempada na 2ª Autonómica.
O Zas levouse claramente o partido cun resultado de tres a cero. Bo resultado para Mario pero non para Félix. Ambos adestradores estreábanse hoxe nos seus respectivos banquiños. Cee e Corme viñan con moitas gañas.
Os da vila da Xunqueira cumpriron na súa visita á Serra de Outes. Os do Roncudo perderon na casa fronte á Esteirana.
Os de Couso levaron ao Mazaricos ao bo camiño do triunfo, ante un Manolo Lago no Muros. O choque entre Pazos no Castriz e Manolín no Corcubión saldouse con
victoria para o veterán Manolín. Venceron claramente por cero goles a catro. O
Sofán - Dumbría B rematou con victoria dos carballeses.
O Carnota de Cambeiro asinou as táboas ante o San Lorenzo.
O Volantes comezou a súa primeira campaña na 2ª goleando ao Buño. A volta de Monte Louro e Cabana á Liga da Costa chegou cun
triunfo para os muradáns.
3ª Autonómica
E a 3ª comezou coas mesmas gañas de
Cerqueda, Porteño e Coristanco para manterse na zona alta da táboa. Os tres golearon.
O Muxía de Papi e o Baíñas de Pato comezaron con sendas derrotas. O Laxe gañou fronte ao Camelle. E o Xaviña foi derrotado ante o Independiente. O Alcaián perdeu fronte ao Lira.
Preferente, xornada 2
| Dumbría |
1 – 0 |
Bertamiráns |
| Soneira |
1 – 1 |
Lemos |
| Boiro |
1 – 1 |
Xallas Santa Comba |
1ª Autonómica, xornada 1
| Ponteceso |
2 – 3 |
Unión |
| Noia |
1 – 0 |
Camariñas |
| Puebla |
5 – 4 |
Fisterra |
| Malpica |
2 – 1 |
Amio |
2ª Autonómica, xornada 1
| Mazaricos |
1 – 0 |
Muros |
| Zas |
3 – 0 |
Baio |
| Corme |
2 – 3 |
Esteirana |
| Sofán |
3 – 1 |
Dumbría B |
| Carnota |
1 – 1 |
San Lorenzo |
| Outes |
1 – 3 |
Cee |
| Castriz |
0 – 4 |
Corcubión |
| Volantes |
5 – 3 |
Buño |
| Montelouro |
3 – 1 |
Cabana |
3ª Autonómica, xornada 1 (Descansa Nantón)
| Corcoesto |
2 – 1 |
Muxía |
| Cerqueda |
3 – 1 |
Fisterra B |
| Xaviña |
1 – 4 |
Indep. Carballo |
| Alcaián |
1 – 2 |
Lira |
| Laxe |
2 – 1 |
Camelle |
| Coristanco |
5 – 2 |
Castrelo |
| Soneira B |
1 – 0 |
Baíñas |
| Porteño |
4 – 3 |
Ameixenda |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 1
| Cee |
4 – 1 |
Mazaricos |
| Esteirana |
0 – 5 |
Fisterra |
| Soneira |
0 – 4 |
Muros |
| Dumbría |
3 – 1 |
Outes |
| Corcubión |
3 – 7 |
Xallas Sta Comba |
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 1
| Zas |
0 – 3 |
Baio |
| Coristanco |
2 – 0 |
Laxe |
| Malpica |
3 – 0 |
Corme |
| Camariñas |
2 – 3 |
Ponteceso |
| Muxía |
2 – 2 |
Cabana |
Máis información
Novas relacionadas
Máis novas
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
Etiquetas:
1ª autonomica,
3ª da Costa,
cee,
costa da morte,
dumbría,
fútbol da Costa,
Liga da Costa,
ponteceso,
Preferente,
qpc,
quepasanacosta,
resultados,
Santa Comba,
Soneira,
xallas