E xa se disputou a primeira xornada do 2011. En Preferente o Soneira descansou, pois xa adiantou a xornada a fin de semana pasada na que conseguía un triunfo ben traballado ante o Grixoa.
Na Primeira Autonómica dous dos nosos representantes, Dumbría e Cee, xogarán os seus partidos da xornada 17 o día de Reis. En relación aos que xogaban hoxe, sorte dispar, o Xallas gañaba pola mínima ante o Lamela e mantense de cheo na loita polos postos de ascenso, pola contra o Zas caía de novo ante o Estudiantil na casa e cada vez ten máis complicado conseguir a permanencia.
Na Liga da Costa o que comezou o ano como o rematou é o Ponteceso, gañou con máis apuros dos previstos ao Baio, mentres que o seu compañeiro de alturas, o Camariñas, non cedía ante o Malpica e mantense nese segundo posto que dá lugar a ascenso. O empate do Club do Mar na casa ante o Fisterra dalle dous puntos de orgura aos camariñáns cos de Caión. O Castriz non para na súa recuperación e sumou unha nova e contundente vitoria por 6 goles a 0 ante o San Lorenzo. Pola parte de abaixo, o colista e o antepenúltimo, Carnota e Vimianzo, gañaron e poñen en apuros a Porteño, Pindo e Esteirana que non sacaron nada positivo.
Na Terceira Autonómica xornada moi goleadora a deste comezo de ano. Cabana, Nantón e Coristanco golearon a Corcoesto, Xaviña e Muxía respectivamente. O Outes mantense firme na casa gañando ao Alcaiaán, mentres que Pereiriña e Laxe deixaron o partido en táboas, no que os de Laxe non souberon aproveitarse da superioridade numérica que disfrutaron. O falecemento da irmá dun directivo do Muros fixo que o partido do filial ante o Corcubión se suspendera.