E xa se disputou a primeira xornada do 2011. En Preferente o Soneira descansou, pois xa adiantou a xornada a fin de semana pasada na que conseguía un triunfo ben traballado ante o Grixoa.
Na Primeira Autonómica dous dos nosos representantes, Dumbría e Cee, xogarán os seus partidos da xornada 17 o día de Reis. En relación aos que xogaban hoxe, sorte dispar, o Xallas gañaba pola mínima ante o Lamela e mantense de cheo na loita polos postos de ascenso, pola contra o Zas caía de novo ante o Estudiantil na casa e cada vez ten máis complicado conseguir a permanencia.
Na Liga da Costa o que comezou o ano como o rematou é o Ponteceso, gañou con máis apuros dos previstos ao Baio, mentres que o seu compañeiro de alturas, o Camariñas, non cedía ante o Malpica e mantense nese segundo posto que dá lugar a ascenso. O empate do Club do Mar na casa ante o Fisterra dalle dous puntos de orgura aos camariñáns cos de Caión. O Castriz non para na súa recuperación e sumou unha nova e contundente vitoria por 6 goles a 0 ante o San Lorenzo. Pola parte de abaixo, o colista e o antepenúltimo, Carnota e Vimianzo, gañaron e poñen en apuros a Porteño, Pindo e Esteirana que non sacaron nada positivo.
Na Terceira Autonómica xornada moi goleadora  a deste comezo de ano. Cabana, Nantón e Coristanco golearon a Corcoesto, Xaviña e Muxía respectivamente. O Outes mantense firme na casa gañando ao Alcaiaán, mentres que Pereiriña e Laxe deixaron o partido en táboas, no que os de Laxe non souberon aproveitarse da superioridade numérica que disfrutaron. O falecemento da irmá dun directivo do Muros fixo que o partido do filial ante o Corcubión se suspendera.
![DumbriaB-Vimianzo]()
Preferente, xornada 21
| Soneira | 
06-01 10:00h | 
Compostela | 
1ª Autonómica, xornada 17
| Zas | 
1-3 | 
Estudiantil | 
| Lamela | 
0-1 | 
Xallas | 
| Cee | 
06/01 - 17:00 | 
Atl. Arteixo | 
| Cambre | 
06/01 - 17:00 | 
Dumbría | 
2ª Autonómica, xornada 17
| Dumbría B | 
0-1 | 
Vimianzo | 
| Sofán | 
1-2 | 
Buño | 
| Corme | 
1-1 | 
Porteño | 
| Ponteceso | 
2-1 | 
Baio | 
| Club do Mar | 
2-2 | 
Fisterra | 
| Carnota | 
3-1 | 
Esteirana | 
| Camariñas | 
2-0 | 
Malpica | 
| Castriz | 
6-0 | 
San Lorenzo | 
| Muros | 
3-1 | 
O Pindo | 
3ª Autonómica, xornada 17
| Lira | 
0-1 | 
Cerqueda | 
| Atl. Pereiriña | 
1-1 | 
Laxe | 
| Muros B | 
Aprazado | 
Corcubión | 
| Cabana | 
4-0 | 
Corcoesto | 
| Muxía | 
0-6 | 
Coristanco | 
| Nantón | 
6-0 | 
Xaviña | 
| Outes | 
1-0 | 
Alcaián | 
| Indep. Carballo | 
06/01 - 18:00 | 
Mazaricos | 
Novas relacionadas
Fonte
	- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
 
	- Fotografía de Marcos Rodríguez.