Volvían as competicións completas do #futboldacosta tralo semiparón de Semana Santa. E o facían con intensidade, cun gran domingo de deporte.
E comezamos a análise da xornada pola Preferente, nunha xornada 32 na que descansaba o Xallas de Santa Comba, e Dumbría e Soneira acaban sendos empates que os manteñen en zona de ninguén.
En 1ª, boas novas para o Ponteceso, pero malas para o resto. Os de Nacho sumaban 3 puntazos cheos de tensión ante o Puebla que o coloca con 31 puntos un por debaixo de Camariñas e un por encima do Fisterra. A derrota máis dolorosa foi a do Fisterra en Padrón, i é que ademais de ser a 6ª xornada sen gañar, mete ao Flavia de cheo na loita pola salvación, quedando só a 3 puntos dos fisterráns, que marcan agora a salvación. O Camariñas tamén caía ante un dos de arriba, o Villestro, e segue resistíndose a vitoria na casa a Berto. E por se fóra pouco, o Laro vencía en Arzúa, e queda a 1 punto do Fisterra.
Na 2ª Autonómica, por arriba segue todo igual. Esteirana, Cee e Baio venceron os seus partidos con relativa solvencia e o líder mantén os 4 puntos sobre baieses e ceenses. Por abaixo, o Cabana queda a 5 puntos dos Volantes, Outes e Mazaricos, e outros 5 por riba dun Montelouro que non consegue reaccionar pero que aínda se aferra á milagre. Ademais, o cadro cabanés ten un ollo na 1ª, pois o descenso de calquera dos 3 equipos en apuros levaría o arrastre. O Mazaricos daba un salto vencendo ao Outes en casa, mentres que o Volantes nada podía facer ante o Baio.
En 3ª, choques importantes. O IDC, vía cortada a súa racha de 6 vitorias consecutivas pero mantén a de 16 xornadas sen perder, tras empatar cun bo Nantón. O Camelle non fallaba a pesar do sufrimento ante o Baíñas, que agota os seus cartuchos, e o Porteño sumaba os puntos do filial, quedando ambos a 4 do líder. Na segunda batalla, o Soneira B non pasaba do empate en Arliña pero segue mantendo 9 puntos sobre o 7º, o Laxe. O Cerqueda sumaba unha vitoria clave ante o Laxe, deixándoos a 6 puntos. Agora 6º é o Ameixenda, que sumaban un punto ante un Lira que quedaba con 7 sobre o campo sen saber moi ben por que. O Laxe queda a 1 desa º praza, e o Lira queda a 2 do Laxe, quedando Nantón e Baíñas xa bastante lonxe.
Copa da Costa Xuvenil
Algunha sorpresa importante neste inicio da auténtica Copa Xuvenil, que analizaremos o martes. Esta ida dos Oitavos deparou unha sorprendente vitoria do Laxe en Fontenla ante un Xallas de Santa Comba, ou unha clara vitoria do Dumbría ante o Ponteceso a pesar da suposta igualdade. Ademais, o Malpica, o Cee, e o Cabana practicamente sentenciaron o seu pase ante Muxía, Coristanco e Camariñas, mentres os Outes-Esteirana, Mazaricos-Fisterra e Corme-Baio decidiranse na volta.
Ligas Galegas
Foi boa pero puido ser mellor a xornada para o Dumbría de Liga Galega Cadete. Vencía con solvencia ao Conxo B, pero esperaba unha derrota do Ural en Santiago para porse por arriba e ir asegurando esa 3ª praza que dá o ascenso.
Datas importantes nos Veteranos
Importante xornada esta nos Veteranos cando restan só 2 para o remate das Ligas. Na 1ª División o Soneira non puido cantar o alirón como tiñan pensado, e de feito se lle complica o título no seu primeiro ano na máxima categoría. O Castriz sorprendía no Municipal ao cadro soneirán e se coloca a 2 puntos, tendo ademais unha complicada saída o Soneira ás Redondas, ante un Cabana, 3º, que está moi forte. En 2ª, o Laxe case que certificou o seu ascenso tras vencer ao Corcoesto, que chegaba a 2 puntos e que queda a 5 a falta de 2 partidos. O Muros xa é equipo da 1ª División tras vencer ao Porteño, de xeito que Muros e case seguro que Laxe ocuparán as prazas dos descendidos Vimianzo (que non sumou un só punto en toda a Liga) e Camariñas.
Ademais, os veterenos teñen cita o venres 19 de abril co sorteo da Copa da Costa de Veteranos, que se celebrará a partir das 21:30h no Local da 3ª Idade de Neaño, en Cabana.
Preferente, xornada 32
Soneira
1-1
Dubra
O Paramo
1-1
Dumbría
Xallas StComba descansa.
1ª Autonómica, xornada 29
Flavia
2-0
Fisterra
Camariñas
1-3
Villestro
Unión
1-0
Malpica
Ponteceso
5-2
Puebla
2ª Autonómica, xornada 29
Montelouro
0-4
Cee
San Lorenzo
1-5
Corcubión
Dumbría B
1-6
Buño
Esteirana
4-1
Cabana
Baio
3-1
Volantes
Muros
2-2
Castriz
Mazaricos
2-1
Outes
Zas
1-1
Carnota
Corme
4-2
Sofán
3ª Autonómica, xornada 29
Indep. Carballo
2-2
Nantón
Xaviña
4-3
Alcaián
Camelle
2-1
Baíñas
Lira
2-2
Ameixenda
Muxía
2-2
Soneira B
Corcoesto
1-2
Coristanco
Cerqueda
2-1
Laxe
Descansa Castrelo.
Fisterra B - Porteño (0-2) por retirada do filial.
Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Oitavos
Liga Galega Cadete, xornada 27
Dumbría
3-1
Conxo B
Residencia
3-2
Bergantiños
Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 8
Celta
7-1
Bergantiños
Liga Galega Infantil, Playoff polo descenso Norte B, xornada 8
Monteañeros
1-1
Dumbría
1ª Cadete, xornada 21
Esteirana
3-0
Fisterra
Outes
3-2
Muxía
Coristanco
3-2
Xallas StComba
Cee
7-1
Ponteceso
Zas
2-1
Baio
Porteño
1-2
Con. de Carnota
Muros
0-3
Cabana
1ª Infantil, xornada 25
Fisterra
1-1
E.M.F. Vimianzo
Cee
1-1
Coristanco
Esteirana
4-0
Cabana
Xallas StComba
5-0
As Baleas
Baio
11-2
Muxía
Os Miudos
1-0
Corme
Sofán
8-6
Ponteceso
Descansa Outes.
Fisterra-Vimianzo alteran a orde e xogan en AraSolis.