Volvían as competicións completas do #futboldacosta tralo semiparón de Semana Santa. E o facían con intensidade, cun gran domingo de deporte.
E comezamos a análise da xornada pola Preferente, nunha xornada 32 na que descansaba o Xallas de Santa Comba, e Dumbría e Soneira acaban sendos empates que os manteñen en zona de ninguén.
En 1ª, boas novas para o Ponteceso, pero malas para o resto. Os de Nacho sumaban 3 puntazos cheos de tensión ante o Puebla que o coloca con 31 puntos un por debaixo de Camariñas e un por encima do Fisterra. A derrota máis dolorosa foi a do Fisterra en Padrón, i é que ademais de ser a 6ª xornada sen gañar, mete ao Flavia de cheo na loita pola salvación, quedando só a 3 puntos dos fisterráns, que marcan agora a salvación. O Camariñas tamén caía ante un dos de arriba, o Villestro, e segue resistíndose a vitoria na casa a Berto. E por se fóra pouco, o Laro vencía en Arzúa, e queda a 1 punto do Fisterra.
Na 2ª Autonómica, por arriba segue todo igual. Esteirana, Cee e Baio venceron os seus partidos con relativa solvencia e o líder mantén os 4 puntos sobre baieses e ceenses. Por abaixo, o Cabana queda a 5 puntos dos Volantes, Outes e Mazaricos, e outros 5 por riba dun Montelouro que non consegue reaccionar pero que aínda se aferra á milagre. Ademais, o cadro cabanés ten un ollo na 1ª, pois o descenso de calquera dos 3 equipos en apuros levaría o arrastre. O Mazaricos daba un salto vencendo ao Outes en casa, mentres que o Volantes nada podía facer ante o Baio.
En 3ª, choques importantes. O IDC, vía cortada a súa racha de 6 vitorias consecutivas pero mantén a de 16 xornadas sen perder, tras empatar cun bo Nantón. O Camelle non fallaba a pesar do sufrimento ante o Baíñas, que agota os seus cartuchos, e o Porteño sumaba os puntos do filial, quedando ambos a 4 do líder.
Na segunda batalla, o Soneira B non pasaba do empate en Arliña pero segue mantendo 9 puntos sobre o 7º, o Laxe. O Cerqueda sumaba unha vitoria clave ante o Laxe, deixándoos a 6 puntos. Agora 6º é o Ameixenda, que sumaban un punto ante un Lira que quedaba con 7 sobre o campo sen saber moi ben por que. O Laxe queda a 1 desa º praza, e o Lira queda a 2 do Laxe, quedando Nantón e Baíñas xa bastante lonxe.
Copa da Costa Xuvenil
Algunha sorpresa importante neste inicio da auténtica Copa Xuvenil, que analizaremos o martes. Esta ida dos Oitavos deparou unha sorprendente vitoria do Laxe en Fontenla ante un Xallas de Santa Comba, ou unha clara vitoria do Dumbría ante o Ponteceso a pesar da suposta igualdade. Ademais, o Malpica, o Cee, e o Cabana practicamente sentenciaron o seu pase ante Muxía, Coristanco e Camariñas, mentres os Outes-Esteirana, Mazaricos-Fisterra e Corme-Baio decidiranse na volta.
Ligas Galegas
Foi boa pero puido ser mellor a xornada para o Dumbría de Liga Galega Cadete. Vencía con solvencia ao Conxo B, pero esperaba unha derrota do Ural en Santiago para porse por arriba e ir asegurando esa 3ª praza que dá o ascenso.
Datas importantes nos Veteranos
Importante xornada esta nos Veteranos cando restan só 2 para o remate das Ligas. Na 1ª División o Soneira non puido cantar o alirón como tiñan pensado, e de feito se lle complica o título no seu primeiro ano na máxima categoría. O Castriz sorprendía no Municipal ao cadro soneirán e se coloca a 2 puntos, tendo ademais unha complicada saída o Soneira ás Redondas, ante un Cabana, 3º, que está moi forte.
En 2ª, o Laxe case que certificou o seu ascenso tras vencer ao Corcoesto, que chegaba a 2 puntos e que queda a 5 a falta de 2 partidos. O Muros xa é equipo da 1ª División tras vencer ao Porteño, de xeito que Muros e case seguro que Laxe ocuparán as prazas dos descendidos Vimianzo (que non sumou un só punto en toda a Liga) e Camariñas.
Ademais, os veterenos teñen cita o venres 19 de abril co sorteo da Copa da Costa de Veteranos, que se celebrará a partir das 21:30h no Local da 3ª Idade de Neaño, en Cabana.
Preferente, xornada 32
Soneira | 1-1 | Dubra |
O Paramo | 1-1 | Dumbría |
1ª Autonómica, xornada 29
Flavia | 2-0 | Fisterra |
Camariñas | 1-3 | Villestro |
Unión | 1-0 | Malpica |
Ponteceso | 5-2 | Puebla |
2ª Autonómica, xornada 29
Montelouro | 0-4 | Cee |
San Lorenzo | 1-5 | Corcubión |
Dumbría B | 1-6 | Buño |
Esteirana | 4-1 | Cabana |
Baio | 3-1 | Volantes |
Muros | 2-2 | Castriz |
Mazaricos | 2-1 | Outes |
Zas | 1-1 | Carnota |
Corme | 4-2 | Sofán |
3ª Autonómica, xornada 29
Indep. Carballo | 2-2 | Nantón |
Xaviña | 4-3 | Alcaián |
Camelle | 2-1 | Baíñas |
Lira | 2-2 | Ameixenda |
Muxía | 2-2 | Soneira B |
Corcoesto | 1-2 | Coristanco |
Cerqueda | 2-1 | Laxe |
- Descansa Castrelo.
- Fisterra B - Porteño (0-2) por retirada do filial.
Copa da Costa Xuvenil, Ida dos Oitavos
Liga Galega Cadete, xornada 27
Dumbría | 3-1 | Conxo B |
Residencia | 3-2 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 8
Liga Galega Infantil, Playoff polo descenso Norte B, xornada 8
1ª Cadete, xornada 21
Esteirana | 3-0 | Fisterra |
Outes | 3-2 | Muxía |
Coristanco | 3-2 | Xallas StComba |
Cee | 7-1 | Ponteceso |
Zas | 2-1 | Baio |
Porteño | 1-2 | Con. de Carnota |
Muros | 0-3 | Cabana |
1ª Infantil, xornada 25
Fisterra | 1-1 | E.M.F. Vimianzo |
Cee | 1-1 | Coristanco |
Esteirana | 4-0 | Cabana |
Xallas StComba | 5-0 | As Baleas |
Baio | 11-2 | Muxía |
Os Miudos | 1-0 | Corme |
Sofán | 8-6 | Ponteceso |
- Descansa Outes.
- Fisterra-Vimianzo alteran a orde e xogan en AraSolis.
Ligas de Veteranos, xornada 28
1ª División
Soneira | 0-2 | Castriz |
San Román | 4-2 | Bértoa |
Bergantiños | 2-8 | Coristanco |
Nantón | 1-1 | Baio |
Ponteceso | 6-2 | Zas |
Xv. Bergantiños | 2-1 | San Lorenzo |
Corcubión Vet. | 5-1 | Vimianzo |
Camariñas | 3-9 | Cabana |
2ª División
Malpica | 0-2 | Sofán |
At. Milagrosa | 5-1 | Dep. Carballo |
Laxe | 1-0 | Corcoesto |
Corme | 5-1 | Camelle |
Buño | 2-2 | Leiloio |
Poniente | 1-7 | Cerqueda |
Muros | 4-2 | Porteño |
Máis información
Novas relacionadas
Fonte