Santa Comba e Baio acollen charlas sobre as modificacións das reglas do xogo

Xabier Rodriguez Campos será protagonista nas dúas charlas Interesantes citas as que se darán en Santa Comba e Baio nas vindeiras datas sobre as modificacións arbitrais no mundo do fútbol este curso.

Charla en Santa Comba

O Xallas F.C. organiza o mércores 26 de outubro, ás 20:00 h. no Auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba, unha charla-coloquio de reglas de xogo no fútbol, con Xabier Rodríguez Campos (mellor árbitro da terceira divisiòn a tempada pasada, profesor na escola de árbitros e na escola galega de adestradores). Irá destinado a adestradores do clube, xogadores dende categoría alevín a seniors, pais e todos aqueles socios que queiran asistir.

Charla en Baio

O luns 7 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio do Pabellón Polideportivo de Baio (Zas), a Escola Galega de Adestradores, a través da súa Delegación na Costa, organiza para todos os clubs e adestradores titulados dos equipos da Costa (desde Autonómica Preferente a Terceira Autonómica e diferentes categorías de base dos Clubs da Costa), unha charla-coloquio co tema: “Modificacións nas Regras de Xogo”. A charla será impartida por Xabier Rodríguez Campos, árbitro de Terceira División e profesor da asignatura de Regras de Xogo na Escola Galega de Adestradores, na súa delegación da Costa, e Rubén Eiriz Mata, árbitro de Segunda División-Liga 1,2,3; e internacional de fútbol praia (arbitrou finais do Campionato do Mundo e Eurocopa). Con eles, estarán dous adestradores de equipos da Costa, Iván Cancela, técnico do Xallas CF, e Josito Fontes, adestrador do Sofán, ambos titulados Uefa-Prol - Nivel 3 Nacional. Así mesmo intervirán no acto o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera Bastida, e será moderado polo delegado da Escola na Costa e adestrador UEFA Prol-Nivel 3 Nacional, Manuel Corredoira.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).