xoves. 01.05.2025
El tiempo

Santa Comba e Baio acollen charlas sobre as modificacións das reglas do xogo

Santa Comba e Baio acollen charlas sobre as modificacións das reglas do xogo
Arbitro Xabier Rodriguez Campos Xabier Rodriguez Campos será protagonista nas dúas charlas Interesantes citas as que se darán en Santa Comba e Baio nas vindeiras datas sobre as modificacións arbitrais no mundo do fútbol este curso.

Charla en Santa Comba

O Xallas F.C. organiza o mércores 26 de outubro, ás 20:00 h. no Auditorio do Edificio Multiusos de Santa Comba, unha charla-coloquio de reglas de xogo no fútbol, con Xabier Rodríguez Campos (mellor árbitro da terceira divisiòn a tempada pasada, profesor na escola de árbitros e na escola galega de adestradores). Irá destinado a adestradores do clube, xogadores dende categoría alevín a seniors, pais e todos aqueles socios que queiran asistir.

Charla en Baio

Charla sobre modificacions das reglas de xogo en Baio Charla sobre modificacions das reglas de xogo en Baio O luns 7 de novembro, ás 20.30 horas, no Auditorio do Pabellón Polideportivo de Baio (Zas), a Escola Galega de Adestradores, a través da súa Delegación na Costa, organiza para todos os clubs e adestradores titulados dos equipos da Costa (desde Autonómica Preferente a Terceira Autonómica e diferentes categorías de base dos Clubs da Costa), unha charla-coloquio co tema: “Modificacións nas Regras de Xogo”. A charla será impartida por Xabier Rodríguez Campos, árbitro de Terceira División e profesor da asignatura de Regras de Xogo na Escola Galega de Adestradores, na súa delegación da Costa, e Rubén Eiriz Mata, árbitro de Segunda División-Liga 1,2,3; e internacional de fútbol praia (arbitrou finais do Campionato do Mundo e Eurocopa). Con eles, estarán dous adestradores de equipos da Costa, Iván Cancela, técnico do Xallas CF, e Josito Fontes, adestrador do Sofán, ambos titulados Uefa-Prol - Nivel 3 Nacional. Así mesmo intervirán no acto o director da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera Bastida, e será moderado polo delegado da Escola na Costa e adestrador UEFA Prol-Nivel 3 Nacional, Manuel Corredoira.

Máis información

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios