Sen parada no Fútbol Costeiro

Non ten parada xa o fútbol costeiro. Menuda fin de semana esta do ecuador de agosto, con fútbol de punta a punta. Imos repasando as citas que nos foron chegando, comezando polo torneo dos torneos.

Campionato de Barrios de Esteiro

Moito fútbol viviron as xentes de Muros esta fin de semana. O sábado tivo lugar unha das citas máis esperadas do ano, pois moita da xente que vive lonxe da terra, ten este evento, no marco das Festas do Carme, como a gran cita futbolística da tempada. A gran final do Campionato de Barrios de Esteiro 2014 volveu ateigar o Xosé Luís Vara. E desta volta foi o Independiente o que se proclamou campión ao vencer na final ao Ciclóns do Maio.

3º quedou o Carallo Santo e 4º o Tal, deixando a cuchara de pau, o deshonroso pero simpático premio ao último clasificado, para o Praias de Reimundes. Sempre dicimos da calidade do torneo, como o refrenda o nome do máximo goleador, Kike Paluca, dos Ciclóns. O porteiro menos goleado foi o seu compañeiro Ricard Esteiro, mentres que o xogador máis deportivo foi Fernando, do Tal.

Triagunlar en Muros

Para o domigno quedou o Triangular do Volnates que servía para ver aos 3 equipos que quedan vivos no Concello, con numerosas caras novas.

O Montelouro comezaba vencendo ao Volantes por un claro 3-0 e empatando ca Esteirana sen goles. No último choque, o Volantes vencía á Esteirana, mermado polo campionato do sábado, claro, por 1-0, polo que o cadro de Jurjo se alzaba co título.

Triangular de Vimianzo

Fantástico foi o Triangular vimiancés entre Baíñas, Soneira e Castrelo, que tivo que ser aprazado a fin de semana das festas pola gran participación soneirá na Copa Deputación, Moi bo ambiente no municipal para ver os seguintes choques:

  • Soneira - Castrelo (2-0).
  • Castrelo - Baíñas (1-2).
  • Soneira - Baíñas (2-0).

Así, mantivéronse as posicións segundo categorías, e o campión foi o Soneira, 2º o Baíñas e 3º o Castrelo.

Cee, campión do Trofeo da Xunqueira

O U.C. Cee proclamouse campión do LIV Trofeo da Xunqueira celebrado este pasado sábado entre o cadro azulón que agora dirixe Rafa, o novo Ameixenda de Manolín e o SD Fisterra de Nacho. Os ceenses venceron os seus dous partidos.

Trofeo Apligasa de Cabana

Na xornada deste sábado disputouse nas Redondas o Trofeo Apligasa de fútbol base, no que particiaron os rapaces do Cabana, os do Sp. Zas, Atl. Arteixo e Club do Mar. Os resultados foron os seguintes:

  • Infantís: Cabana SD - Sp. Zas (8-2).
  • Cadetes: Cabana SD - Atl. Arteixo (6-1).
  • Xuvenís: Cabana SD - Atl. Arteixo (2-2) (ganaron os cabaneses na ronda de penaltis).
  • Sénior: Cabana SD - Club do Mar (0-7).

Trofeo Concello de Outes

Moita calidade se viu no Cunchido no Trofeo Concello de Outes entre 4 equipazos. O Outes vencía ao Cruído e o Noia 1-0 ao XSC, e na final o Noia superaba 0-2 aos locais, polo que se alzaba co título. A mala nova protagonizouna Elías Ruso, que se lesionaba de gravidade.

Memorial José Pailos

En Corme tiña ligar o Memorial José Pailos, lembrando un mítico do clube azulón. O Cairo recibía ao Imperátor, pero o Corme non se amilanou e venceu por 4-1, con 3 tantos de Alejo, que parece que comeza a temporada para dar que falar na 1ª, e un de Manu.

Un par de amistoso

Partidazo en San Andrés para probar dous equipazos, como son Zas e Sofán. O cadro sofanistas, este ano na 1ª, se impuxo por 0-2 cos tantos de Braus e Raúl tras unha gran xogada de Iván Rojo.

O Ponteceso vencía ao Laxe por 0-1 nun Partido amigable polas Festas de Laxe. Foi un choque moi disputado por ambos conxuntos no que se decantou a vitoria do Ponteceso no min.80 con gol de Alberto Recarey nun barullo na area. O capitán Javi Peón levantaba o trofeo como gañadores do partido.

Mentres, a S.D.San Lorenzo de Verdillo obtivo na tarde de hoxe unha ben traballada e merecida vitoria por 1 a 2 fronte ao Coristanco equipo locatario. Os goles na tarde de hoxe foron da man de Dani Laxe e David Álvarez.

Pola súa banda, o novo Camariñas de Gerpe enfrontábase ao Nantón, ao vencía por un 1-0 nun partido moi complicado para os camariñáns.

O domingo tamén xogaron un amigable o S.D. Camelle e o Porteño no campo do Rodeiro (Camelle) co resultado de empate a 3 goles e uns 150 siareiros nas gradas.

E nas categorías inferiores, o venres tivo lugar un amistoso no Conco entre o Dumbría xuvenil e o Bergan de Liga Nacional. A pesar da diferencia de categoria e das moitas baixas dos de Dumbria (Jano, Duarte, Lucas, Pablo Pardiñas e Bruno entre outros ) os locais gañaron 1-0 con gol de Juan de Dora que se tivo que retirar lesionado tras unha entrada aos 15 minutos. O dominio foi dos locais que gozaron de varias ocasións, se ben o Bergan tirou un balon o pau. Tras o descanso mais do mesmo pero a falta de 20 minutos un xogador do Bergantiños lesionariase de maneira grave nun choque fortuito tendo que ser trasladado en ambulancia o hospital. Os dous equipos de forma conxunta decidiron rematar o partido minutos despois co resultado de 1-0 para o Dumbría.

Máis información

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).