Tres novos cintos negros, de categoría, para a comarca

Os aspirantes José Carlos Rey, Manue Tajes “O Rubio de Camelle” e Ismael Gándara, cos examinadores Carlos Martín e Antonio Blanco "Dache"

O Club Cee Deportes de Contacto pode presumir do seu novo logro: ter obtido tres novos cintos negros de Taekwon-do ITF. O exame tivo lugar en Noia o pasado 15 de outubro. Alí Manuel Tajes (67 anos), Ismael Gándara (16 anos) e José Carlos Rey (17 anos) víronse recompensados, xunto con varios compañeiros do club ITF Noia, polos seus longos anos de preparación e esforzo. Coordinado polo mestre noiés Antonio Blanco e o presidente da FITE (Federación Internacional de Taekwon-do España), Carlos Martín, este exame marca unha nova etapa para os tres practicantes.

Singular atención merece o cinto acadado por Manuel Tajes, coñecido como O Rubio de Camelle, e convertíndose no estudiante máis veterano en acadar esta categoría. Un home que é toda unha lenda na comarca polo seu incansable traballo no mar.

Exame para sacar o cinto negro

Así, despois do exame, e contando coa presencia de Carlos Martín, veterano e experto neste arte marcial, tanto os aspirantes como outros practicantes interesados, puideron desfrutar dunha “master class” da man desta autoridade. Unha oportunidade irrepetible para os amantes do Taekwon-do na bisbarra para desfrutar desta apaixoante disciplina que non deixaron pasar os integrantes do “Club Cee Deportes de Contacto” en compañía cos amigos do club “ITF Noia”.

Carlos Martín (Cinto negro VII DAN e Presidente da FITE), Eloy Cambeiro (Cinto negro I DAN e axudante de instructor do Club Cee Deportes de Contacto), Antía Río (Cinto negro I DAN e axudante de instructor do Club Cee Deportes de Contacto), Jose Carlos Rey (Aspirante a cinto negro do Club Cee Deportes de Contacto), Ismael Gándara (Aspirante a cinto negro do Club Cee Deportes de Contacto) e Antonio Blanco "Dache" )Cinto negro V DAN e instructor do Club Cee Deportes de Contacto e do Club ITF Noia) na Masterclass

Clases en marcha do Club Cee Deportes de Contacto

A asociación ceense, que xa contaba con varios cintos desta categoría, leva máis de 8 anos difundindo, sen límite de idade, a práctica deste arte marcial coreana e do kick Boxing. Disciplina esta última da man do cinto negro II DAN Carlos Leis, que tamén conta cun nutrido grupo de practicantes contentos de compartir as tardes de adestramento entre compañeiros e compañeiras desfrutando de un deporte de contacto que auna amizade, exercicio físico e una gran liberación de estrés.

As clases teñen lugar no pavillón municipal de Brens, coas tardes de luns e mércores ocupadas polos distintos grupos de alumnos. Entre eles atópanse o xa nomeado Ismael Gándara e Antía Río (16), que participarán o vindeiro 12 de novembro no campionato Open de España celebrado en Cádiz. O seu mestre Eloy Cambeiro, móstrase moi satisfeito co acadado, insistindo no traballo de todos os que fan posible que o club siga crecendo como ata o de agora, a pasos de xigante.

Máis info

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Eloy Cambeiro, de Deportes de Contacto Cee.